Inicio Galicia Conde destaca o paso adiante de Sargadelos na súa expansión comercial cunha...

Conde destaca o paso adiante de Sargadelos na súa expansión comercial cunha nova tenda en Madrid

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe o novo paso adiante que Sargadelos dá na súa expansión comercial coa apertura dunha nova tenda en Madrid, que se suma aos 15 establecementos cos que conta en España e aos máis de 70 puntos de venda en países como Alemaña, Francia, Reino Unido, México, EEUU, Xapón ou Australia.

Durante a inauguración, Conde valorou tanto o esforzo que a empresa “referente icónico de Galicia”, está a facer na súa expansión e internacionalización, como os pasos que está a dar en materia de innovación e diversificación. Neste sentido, sinalou a nova estratexia de Sargadelos para fabricar e comercializar mobiliario auxiliar.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -