Inicio Galicia Conde destaca nos Premios Zendal o valor da biotecnoloxía como motor de...

Conde destaca nos Premios Zendal o valor da biotecnoloxía como motor de desenvolvemento de solucións médicas innovadoras

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Vigo á primeira edición dos International Zendal Awards, que recoñecen os proxectos máis destacados no sector biotecnolóxico e da saúde

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe á primeira edición dos International Zendal Awards, uns galardóns que recoñecen os proxectos máis destacados dentro do sector da biotecnoloxía e a saúde. Nesta entrega inicial, o premio recaeu sobre os integrantes do Grupo Genvip do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) polo seu traballo no desenvolvemento da vacina contra a tuberculose.

Conde chamou a seguir o exemplo de Isabel Zendal, a pioneira que dá nome aos galardóns e ao seu grupo fundador, a primeira enfermeira en misión internacional e responsable de ter transportado a vacina contra a viruela ás colonias españolas a comezos do século XIX. Deste modo, o conselleiro convidou a inspirarse no seu legado “traballando con tenacidade, honradez, compromiso e innovación”.

Do mesmo xeito, o titular de Economía, Emprego e Industria salientou o crecemento do sector biotecnolóxico en Galicia, que conta con 100 empresas dedicadas exclusivamente a producir biotecnoloxía en sectores como a saúde, a alimentación ou o medio ambiente. Un sector reforzado coa Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía en Galicia da Xunta, implementada en 2016, dotada con 200 millóns de euros, e que permitiu a creación de 18 novas empresas bio, xerou un aumento do 10% no emprego do sector ata as 1.500 persoas, e incrementou a facturación nun 20%.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre