Inicio Galicia Conde destaca no Porriño que a aposta pola innovación e a internacionalización...

Conde destaca no Porriño que a aposta pola innovación e a internacionalización é clave na mellora da competitividade empresarial galega

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións de Ceamsa, empresa líder na biotecnoloxía orientada á industria alimentaria e farmacéutica

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a visita ás instalacións de Ceamsa no Porriño, que a aposta do tecido empresarial galego pola innovación e a internacionalización é clave na mellora da súa competitividade.

O conselleiro puxo como exemplo o desta empresa -cunha traxectoria de máis de 50 anos- que é líder no seu sector: a produción, elaboración, comercialización e distribución de hidrocoloides naturais orientados á industria alimentaria e farmacéutica polas súas propiedades estabilizantes e espesantes. Con 250 empregados e unha facturación de 74M€ en 2017, esta compañía aposta pola internacionalización, xa que exporta o 90% da súa produción a 100 países; e pola innovación, xa que leva anos investindo en I+D+i, o que lle permitiu multiplicar por 12 a súa facturación nos últimos 15 anos.

Conde sinalou que o labor de empresas como Ceamsa -orientada a un sector con gran proxección como o biotecnolóxico- están permitindo a Galicia bater os seus récords de exportacións pois, tras superar a barreira dos 21.000M€ en 2017, Galicia incrementou ata setembro deste ano un 7,6% as vendas ao exterior; e tamén fai posible que a Comunidade estea a vangarda en temas de innovación. Neste sentido lembrou que en 2017 o gasto en I+D en Galicia subiu un 13,3%, converténdose na segunda rexión onde máis creceu, e tamén aumentaron os traballadores dedicados a este sector nun 9,6%.

Leer más:  Irene Garrido, concejala del PP de Vigo, renuncia para enfocarse en su labor en el Congreso

O conselleiro ratificou a aposta da Xunta tanto pola internacionalización como pola dixitalización do tecido empresarial galego e explicou que a través do programa Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios e o Plan Foexga se vai apoiar a intenacionalización de mil empresas cun orzamento de 11,6M€ e que a implantación de novas tecnoloxías contará, en 2019, cunha partida de 40M€.


- Te recomendamos -