Inicio Galicia Conde destaca na Coruña a calidade, a innovación e a creatividade da...

Conde destaca na Coruña a calidade, a innovación e a creatividade da gastronomía e a artesanía de Galicia

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou a segunda edición das xornadas profesionais Artesanía no Prato, na que se presentan as pezas de 41 obradoiros artesanais que buscan novas vías de negocio no eido da hostalería e a restauración

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na súa visita ás II Xornadas Profesionais Artesanía no Prato, que se celebran onte e hoxe en Expocoruña, a calidade, a innovación e a creatividade da gastronomía e a Artesanía de Galicia, e por iso sinalou que “as pezas artesanais son o mellor soporte para presentar pratos únicos nos que os cociñeiros, como os nosos artesáns, apostan pola vangarda sen esquecer a tradición”.

Tal e como subliñou Conde, este encontro enmárcase no proxecto Artesanía no prato, polo que a Fundación de Artesanía de Galicia vén de ser seleccionada como finalista dun dos Premios Nacionais de Artesanía. Iniciado en 2013, achéganse os produtos dos obradoiros artesáns galegos aos campos da gastronomía, hostalería e restauración. Apóstase pola calidade, a innovación e a creatividade, fomentando experiencias con novos soportes e materiais. Froito deste proxecto, máis de 40 artesáns están a traballar con cociñeiros galegos e nacionais, así como con grandes empresas distribuidoras de enxoval para hostalería.

As xornadas consolídanse nesta segunda edición como un evento de referencia para a promoción e comercialización do produto artesanal galego, fomentando un espazo creativo desde o que se desenvolverán experiencias que evidenciarán o potencial do valor da artesanía no ámbito da hostalería e a restauración.

O número de obradoiros participantes increméntase ata sumar un total de 41 talleres artesanais, dos que 23 é a primeira vez que toman parte nestas xornadas buscando ampliar a proxección das súas pezas. Expoñen unha selección dos seus produtos, focalizando a atención na experimentación con novos materiais, que permitirán estreitar lazos profesionais, crear novos contactos e servir como xermolo de proxectos futuros no eido da cociña e a restauración. Os obradoiros artesanais que presentan os seus produtos nesta edición das Xornadas Artesanía no Prato representan ao sector da cerámica, téxtil, madeira, cestería, coitelería, vidro, xoiería, así como dos ámbitos da decoración e escaparatismo, arranxos florais, serigrafía e ilustración.  Profesionais participantesO espazo de artesanía está aberto ao público xeral, e o programa para profesionais inclúe tamén showcoockings a cargo de chefs de prestixio que empratan en soportes de artesanía: Iván Domínguez, do restaurante Nado (A Coruña); Miguel González, do H. Rústico San Jaime (Ourense); Lucía Freitas, da Tafona (Santiago); Pablo Pizarro, de Bocanegra (A Coruña); Cristian Santiago Breijo, de Marea Restaurante (Cariño); e Pablo Morales, de Hazabiro Concept (A Coruña).

No tocante aos artesáns participantes, os produtos cerámicos están representados por Arobe Cerámica (A Coruña), Branqueta (A Coruña), Carmen Isabel (Malpica de Bergantiños, A Coruña), Cerámica Unzueta (Brión, A Coruña), COPIA_cerámica (Santiago de Compostela), Fani Sánchez Barreiro (A Coruña), Lanalutum (Lugo), Laura Delgado Cerámica (Cambre, A Coruña), Manuel Figueiras Cerámica (Muros, A Coruña), Mi madre no me deja (Lugo), Misoco (Vigo, Pontevedra), Obradoiro Fernando Porto (A Estrada, Pontevedra), Obradoiro Gorín (Malpica de Bergantiños, A Coruña), Ojea Studio (Vigo, Pontevedra), Raposiñas. Cerámica feita devagar (A Pobra do Caramiñal, A Coruña), Rectoral de Gundivós (Sober, Lugo), Regal Cerámica Artesán (Viveiro, Lugo), Verónica Moar. Cerámica (A Coruña), Víctor Ares (A Coruña) e Witchneeds/Ana Tenorio (Vigo, Pontevedra).

Do ámbito da decoración e o escaparatismo participan Almudena Rodríguez Giráldez/ Denadinteriores (Santiago de Compostela) e Spacio b (Teo, A Coruña). Ademais darase a coñecer Floriforma (Teo, A Coruña) con arranxos florais, as serigrafías de Amorote printing workshop (Ames, A Coruña), as ilustracións de Iria Prol Studio (Xinzo de Limia, Ourense) e a xoiería de Yanet Ruiz (Xinzo de Limia, Ourense). O vidro está representado por Arteviares/Cristalería El Reflejo S.

L. (A Coruña) e Poloenríquez (Cambre, A Coruña), e os coitelos son de Celso Ferreiro (A Fonsagrada, Lugo) e Cuchillos A. Castro (O Barco de Valdeorras, Ourense).

Pola súa banda, os artesáns da madeira son Atalanta Madera (A Estrada, Pontevedra), Ilex Talla (Santiago de Compostela), Lorenzo Design (Santiago de Compostela) e Xar Arte en Madera (Vigo, Pontevedra). As pezas de cestería son de Idoia Cuesta (Outeiro de Rei, Lugo), e La Parabólica/Julia de la Cal (O Porriño, Pontevedra), mentres que o téxtil está representado por Belategui Regueiro (Cambre, A Coruña), BRIA concept (Mondoñedo, Lugo), Degerónimo (Santiago de Compostela), Roundie & Colors (Abegondo, A Coruña), e 2.i Uniformes para profesionales (Lugo).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre