Inicio Galicia Conde destaca en Santiago o esforzo do comercio de proximidade galego por...

Conde destaca en Santiago o esforzo do comercio de proximidade galego por seguir prestando o mellor servizo

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou o establecemento La tienda de Julia, que vén de sumarse ao programa Comercio Seguro, impulsado pola Xunta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe nunha visita ao establecemento compostelán La tienda de Julia o esforzo do comercio de proximidade galego por seguir prestando o mellor servizo aos seus clientes na nova situación xerada pola covid-19.

La tienda de Julia foi o espazo elixido para protagonizar unha iniciativa nas redes sociais da Consellería de Economía, Emprego e Industria que xa visibilizaron máis de 40.000 persoas, e que serve de homenaxe ao sector. Este negocio vén de sumarse ao programa Comercio Seguro, impulsado pola Xunta, que ten a disposición de autónomos e pemes a plataforma de autoavaliación comerciosegurogalicia.gal, coa que poden obter unha análise do seu nivel de preparación fronte ás necesidades de prevención e planificar as medidas que se deben acometer.

Máis de 2300 negocios realizaron xa a súa avaliación a través desta plataforma, mediante a cal poden solicitar o seu distintivo como establecemento adherido ao programa Comercio Seguro. Neste ámbito, están tamén activas as axudas dos programas Reactiva, dotados no seu conxunto con 16 millóns de euros, para axudarlles a garantir a seguridade dos seus establecementos, mediante a transformación de espazos e diferentes medidas de protección.

Conde sinalou que, xunto á seguridade, unha necesidade cada vez máis prioritaria tras a pandemia foi a da dixitalización, e por iso se reforzaron os apoios para comerciantes e autónomos neste ámbito, con iniciativas como o cheque dixital, que presta especial atención ás iniciativas emprendedoras levadas a cabo no rural e ao teletraballo; o Galicia Exporta Dixital e o programa de dixitalización, así como o cheque autónomo, con apoios de ata 1.800 euros para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación, entre os que se atopan a presenza en plataformas de e-commerce e redes sociais, ou os envíos a domicilio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre