Inicio Galicia Conde destaca en Pontevedra as oportunidades que achega o cooperativismo para impulsar...

Conde destaca en Pontevedra as oportunidades que achega o cooperativismo para impulsar o emprego e o emprendemento feminino

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá no segundo dos encontros ‘Mulleres Protagonistas’, que reúnen a mulleres de distintos sectores para facer unha posta en común sobre os retos e oportunidades para avanzar cara a igualdade profesional plena


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe as oportunidades que achega a economía social para impulsar o emprego e o emprendemento feminino en Galicia. Durante o encontro Mulleres Protagonistas, que se celebrou en Pontevedra, o conselleiro sinalou que este tipo de xuntanzas ofrecen unha oportunidade para reflexionar sobre os desafíos que se presentan para mellorar a situación das mulleres no mundo laboral e empresarial e avanzar cara á igualdade profesional plena.

Mulleres Protagonistas é unha iniciativa que, de xeito periódico, reúne a mulleres de distintos sectores -neste caso do mundo do cooperativismo, fundamentalmente no sector agroalimentario e o cultural- co obxectivo de establecer un diálogo aberto entre a Xunta e este colectivo para escoitar as súas propostas, explicar as medidas do Goberno galego e, deste xeito, realizar unha posta en común sobre os retos e dificultades que afrontan no seu día a día.

Galicia conta con 1.422 cooperativas, nas que as mulleres representan catro de cada dez persoas socias (o 40,4% do total) nun importante sector que emprega a case 25.000 persoas. O conselleiro agradeceu no encontro de hoxe a participación de directivas que desenvolven a súa vida profesional nas cooperativas 7H Cooperativa Cultural (Santiago de Compostela); Agroflor (Narón); Aira (Taboada); Almoga (Vilalba); Campo Capela (Pontedeume); Condes de Albarei (Cambados); Levinred (Ourense); Lutega (Betanzos); Milhulloa (Palas de Rei); Miraxe (Santiago de Compostela); Tres Fuciños (Carballedo); Urdime (Santiago de Compostela) e Viña Moraima (Barro).

Francisco Conde incidiu en que toda a sociedade se debe implicar no desenvolvemento integral da muller, para avanzar entre todas e todos cara a unha Galicia máis feminina, ofrecendo oportunidades para que as mulleres adquiran competencias representativas en postos directivos, e subliñou o importante papel que desenvolve a economía social neste ámbito.

Aínda que queda moito traballo por facer, Galicia está demostrando unha evolución favorable, e así, o paro feminino cae un 2,49% no último ano, coa cifra de desempregadas máis baixa dun mes de novembro rexistrada. Ademais, 7 de cada 10 asalariadas contan cun contrato indefinido e 8 de cada 10 a tempo completo. A Comunidade conta con case medio millón de afiliadas á Seguridade Social, case a metade do total (48,5%), é dicir, con máis mulleres cotizando que nunca.

Ademais, segundo datos do informe GEM, máis do 57% da actividade emprendedora está liderada por mulleres, o que sitúa a taxa de emprendemento no maior nivel da última década, sendo Galicia a terceira comunidade con maior taxa de emprendemento feminino.

Entre outras iniciativas, para o vindeiro ano, a Xunta aumenta nun 67% as axudas á contratación e á formación de desempregadas, ata os 4,3 millóns de euros, e tamén as axudas ás pemes para facilitar medidas de igualdade, conciliación e flexibilidade medran nun 14% (ata os 2,8 millóns de euros).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre