Inicio Galicia Conde destaca en Lalín a aposta da Xunta por incrementar a ocupación...

Conde destaca en Lalín a aposta da Xunta por incrementar a ocupación feminina na comunidade a través de programas integrados de emprego dirixidos a mulleres

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta maña en Lalín o Programa integrado de emprego (PIE) feminino da Asociación de Empresarios do Deza (Aedeza)

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta mañá en Lalín, durante a súa visita ao Programa integrado de emprego feminino (PIE) da Asociación de Empresarios do Deza (Aedeza) a aposta da Xunta por incrementar a súa ocupación na Comunidade a través de PIE exclusivamente para mulleres, cos que melloran a súa formación e reciben asesoramento personalizado para aumentar as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral.

Un total de 85 veciñas de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces participan neste programa que se prolongará ata o mes de novembro e que, neste caso, consiste en talleres e clases de iniciación ao inglés, para mellorar a súa formación e, polo tanto, axudalas a atopar un posto de traballo, xa que se lles entrega un certificado de profesionalidade. Neste tipo de programas, as asistentes empregan as novas tecnoloxías, aprenden o manexo de páxinas e portais de emprego e reciben asesoramento personalizado e formación á carta. “A colaboración con Aedeza está permitíndonos orientar as nosas políticas activas de emprego cara a formación que realmente precisan as empresas, identificando os perfís profesionais que necesitan os negocios da comarca”, indicou o conselleiro.

Leer más:  El PSdeG, con Besteiro ya proclamado secretario general, mueve su congreso del sábado 27 al domingo 28 de abril

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou en 2017 un total de 9,5M€, un 40% máis que en 2016, aos Programas integrados de emprego que, coma o de hoxe, se están a celebrar e que beneficiarán a 4400 persoas. A previsión é investir este ano 10,9M€ neste tipo de accións que pretenden dar aos beneficiarios as ferramentas precisas para poder acceder ao mercado laboral.

Cos PIE exclusivamente femininos, que están a beneficiar a 800 desempregadas e mulleres en situación de vulnerabilidade, a Xunta busca incrementar as cotas de emprego deste colectivo na Comunidade para que Galicia siga sendo unha das autonomías con maior proporción de mulleres ocupadas (actualmente é a terceira cun 47,8%). Así conseguirase a igualdade no emprego, a incorporación de máis mulleres ao mercado de traballo e impulsar o emprendemento feminino. “Debemos seguir traballando para acadar un emprego cada vez máis igualitario que conte cunha maior participación da muller no mercado laboral”, explicou.

O conselleiro sinalou a importancia da colaboración público-privada para adaptar a formación que se está a ofrecer desde a Administración ás necesidades e novos perfís que demanda o mercado laboral e incidiu na cooperación entre a Xunta, os concellos e as empresas como a mellor ferramenta para que este tipo de iniciativas cheguen ao maior número de persoas e ofrezan as máximas garantías de inserción laboral.

Leer más:  Yolanda Díaz cree que las elecciones catalanas deben servir para "pasar página y caminar de forma diferente"

Neste sentido, tamén convidou aos concellos a sumarse ao convenio da Xunta coa Fegamp para converterse en Concellos emprendedores e facilitar, deste xeito, os investimentos empresariais, permitindo unha redución da fiscalidade e unha simplificación da tramitación administrativa para facilitar que estes municipios teñan prioridade á hora de acceder a programas de axudas. Tal e como avanzou, Galicia xa conta con 47 Concellos emprendedores.


- Te recomendamos -