Inicio Galicia Conde destaca a aposta polo diálogo social e a formación como instrumentos...

Conde destaca a aposta polo diálogo social e a formación como instrumentos para que Galicia se anticipe ás demandas do mercado laboral

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe na Coruña á xornada ‘Emprego e as relacións laborais no século XXI’, organizada pola Escola Universitaria de Relacións Laborais

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na Coruña, durante a xornada Emprego e as relacións laborais no século XXI que se celebrou na Escola Universitaria de Relacións Laborais, que para anticiparse ao emprego que vén, Galicia debe apostar polo diálogo social e a formación.

Neste sentido, incidiu na importancia de revitalizar o diálogo social, como xa se está a facer, para conseguir acordos que, desde a negociación colectiva, adapten o marco laboral á nova realidade económica en eidos como a transformación tecnolóxica, a redución da fenda salarial de xénero ou a mellora da inserción laboral.

En pleno auxe da Industria 4.0, Conde referiuse á necesidade de impulsar unha formación continua e dual tanto para actualizar os coñecementos e habilidades dos traballadores, como para deseñar cursos que dean resposta aos novos perfís profesionais ligados á innovación. Neste sentido, referiuse a programas como as Unidades Formativas en empresas, os plans específicos para sectores estratéxicos como o naval, a automoción ou o forestal; os obradoiros duais ou programas para cultivar, potenciar e captar novo talento.

O conselleiro finalizou convidando a empresas, institucións académicas e traballadores a colaborar coa Administración para deseñar unha estratexia común para que Galicia saiba adaptarse ao novo paradigma económico e industrial con profesionais capaces de afrontar os novos retos e, polo tanto, mellor preparados para anticiparse ás demandas do mercado laboral. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre