Inicio Galicia Conde defende o apoio da Xunta ao proxecto Smartiago porque blinda a...

Conde defende o apoio da Xunta ao proxecto Smartiago porque blinda a calidade dos servizos públicos con tecnoloxías innovadoras e sustentables

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala que iniciativas coma esta coa que a Xunta colabora co Concello de Santiago son posibles grazas á compra pública innovadora, na que Galicia é pioneira

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntou hoxe na presentación do proxecto Smartiago que esta iniciativa, que desenvolve o Concello de Santiago co apoio da Xunta, blinda a calidade dos servizos públicos adoptando tecnoloxías innovadoras e afíns á protección do medio ambiente.

Na súa intervención, Conde sinalou que esta iniciativa de compra pública innovadora combina a aposta pola sustentabilidade coa innovación, como elementos de futuro, e que responde ás necesidades inmediatas da cidadanía, ofrecendo unha xestión sustentable e intelixente dos residuos sólidos urbanos; garantindo unha mobilidade intelixente e integrando un alumeado ornamental responsable para a conservación do patrimonio.

O conselleiro apuntou que Galicia é pioneira no uso da compra pública innovadora como dinamizadora da innovación, en busca de novas solucións e produtos que aseguren o benestar dos galegos. Na última década, a aposta por este instrumento ten permitido investir case 200 millóns de euros en ámbitos como o sanitario, o tecnolóxico ou o administrativo, con proxectos como o Polo Aeroespacial de Galicia (a Civil UAVs Initiative) ou o proxecto Código 100 do Sergas, destinado a ofrecer novas terapias innovadoras, ademais de Smartiago.

O proxecto que hoxe se presentou, tal e como subliñou o conselleiro, responde a unha cultura que se busca converter en hexemónica en toda Galicia, cun futuro máis verde, con máis innovación e máis formación, sendo unha administración que ofrece servizos públicos máis eficientes e máis eficaces.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre