Inicio Galicia Conde defende en Ourense o papel do deseño como catalizador social, económico,...

Conde defende en Ourense o papel do deseño como catalizador social, económico, cultural e tecnolóxico

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na entrega dos IV Premios Paraugas e do IV Premio Executivas de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na entrega dos IV Premios Paraugas e do IV Premio Executivas de Galicia, que o deseño non é só un valor industrial e empresarial, senón que tamén é un catalizador social, económico, cultural e tecnolóxico, destacando que os galardóns que se entregaron hoxe son un encontro idóneo para celebrar os grandes logros do deseño, a comunicación e a creatividade en Galicia.

Neste eido, a Xunta ten en marcha o Programa de Deseño para a Innovación 2020, cuxo obxectivo é mellorar o coñecemento e a comprensión do deseño nas empresas como factor estratéxico; capacitar a empresas e emprendedores para investir nel para diferenciarse; e poñer en valor a figura de deseñadores e deseñadoras. Xunto ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, ao acto asistiron tamén a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

Ademais do premio Executivas, que recibiu Silvia Jato, na cerimonia deste serán entregáronse 19 galardóns en 7 categorías: edición, impresión, deseño, creatividade, marketing dixital, marketing e comunicación. Tamén se homenaxeou ao deseñador Cruz Novillo, ao ex xerente de Expourense Alejandro Rubín e, a título póstumo, ao publicista e editor ourensán Luis Carballo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre