Inicio Galicia Conde convida ás entidades da economía social a seguir traballando coa Xunta...

Conde convida ás entidades da economía social a seguir traballando coa Xunta para que Galicia creza de xeito cada vez máis xusto e sustentable

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Xinzo de Limia, á celebración do Día do Cooperativismo Galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, convidou hoxe ás empresas e entidades que conforman a economía social a seguir traballando en colaboración coa Xunta para que Galicia poida manter un crecemento baseado nos valores deste modelo, é dicir, un crecemento cada vez máis xusto e sustentable. O conselleiro asistiu esta mañá á gala do Día do Cooperativismo Galego que se celebrou en Xinzo de Limia.

No evento, que tivo a Limia Xestión como cooperativa anfitrioa, entregáronse os premios de Cooperativismo no ensino ao IES Fernando Wirtz da Coruña polo proxecto Fungal Biomaterial e ao CIFP Paseo das Pontes, tamén da Coruña, pola iniciativa Biofroita, Sociedade Cooperativa Galega. Pola súa banda, Panxea (Santiago de Compostela) recibiu o galardón aos valores cooperativos; Rayados (Santiago de Compostela), ao mellor proxecto cooperativo novo; e a Cooperativa Agraria da Coruña (Bergondo), o recoñecemento á traxectoria cooperativa.

Conde subliñou que os premiados son un exemplo para todos aqueles que queiran sumarse á familia da economía social e lembrou que, neste sector, Galicia conta con máis de 3000 entidades que facturan 3000 millóns de euros e dan emprego a 14.500 persoas, representando un 10% do PIB. O conselleiro asegurou que o cooperativismo forma parte do ADN galego e que se trata dun modelo asentado na Comunidade e no que a economía galega confía cada vez máis, grazas á súa aposta polas persoas e pola promoción da cohesión tanto social como territorial e ao compromiso cos produtos galegos.

En definitiva, trátase dun modelo que é fonte de creación de riqueza e emprego para Galicia e que se pretende impulsar desde a Xunta a través dun orzamento de 22,3M€ neste ano 2019 e iniciativas como a Estratexia da Economía Social que se puxo en marcha a finais do pasado ano co obxectivo, entre outros, de crear 3000 novos empregos e 300 novas entidades; ou a recente posta en marcha do Consello da Economía Social de Galicia para ofrecer asesoramento, pero tamén para visibilizar a actividade deste sector. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre