Inicio Galicia Conde contrapón a inacción do Goberno central fronte ás propostas da Xunta...

Conde contrapón a inacción do Goberno central fronte ás propostas da Xunta para achegar solucións á industria electrointensiva galega

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lembra no Parlamento que segue sen convocarse a mesa industrial solicitada xunto aos traballadores de Alcoa San Cibrao

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, contrapuxo hoxe no Parlamento a inacción do Goberno fronte ás propostas da Xunta para achegar solucións á industria electrointensiva. Na súa intervención, o conselleiro sinalou que o Goberno central non ten cumprido ningún compromiso con Galicia, e que mantén o silencio sobre o Estatuto dos consumidores electrointensivos. Este permitiría abaratar o prezo eléctrico ata os 35-40 euros por MWh e que as empresas compitan en igualdade co resto de Europa.

Tampouco se pronuncia o Goberno, segundo salientou Conde, sobre as medidas formuladas pola Xunta co respaldo do sector e do Parlamento galego. Estas medidas son de carácter fiscal, como a supresión do imposto do 7% á xeración eléctrica a todos os consumidores, e a supresión do céntimo verde; e tamén inclúen a redución de cargas e peaxes recollidos nas tarifas de acceso e a ampliación das axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO2. Desde Galicia tamén se propón o fomento da contratación a longo prazo de enerxía eléctrica, e apúntase á necesidade irrenunciable de incorporar a categoría do consumidor hiper-electrointensivo.

O responsable de Economía, Emprego e Industria lembrou así mesmo que segue sen convocarse a mesa industrial solicitada xunto aos traballadores de Alcoa San Cibrao, e explicou que a poxa de interrompebilidade prevista para o primeiro semestre de 2020 é a máis baixa da historia. Unicamente se ofertan 1000 MW, cando no primeiro semestre de 2018 se convocaron 2600 MW, e unicamente se ofrecen 63 millóns de euros, cando no primeiro semestre de 2018 se concederon 186 millóns. Ademais, eliminarónse os bloques de 40 MW, que son polos que poxan empresas como Alcoa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre