Inicio Galicia Conde avoga por alimentar o modelo da economía social para que impulse...

Conde avoga por alimentar o modelo da economía social para que impulse a actividade das vilas e cidades galegas

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta tarde en Santiago de Compostela á presentación do Libro Branco da Economía Social en Galicia realizado polo Centro de Estudos Cooperativos da USC


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta tarde en Santiago de Compostela á presentación do Libro Branco da Economía Social de Galicia, onde defendeu a necesidade de alimentar a cultura e o modelo da economía social para que impulse e dinamice a actividade das vilas e cidades galegas.

Conde referiuse ao potencial deste modelo en Galicia, onde existen preto de 4800 entidades que dan emprego a 25.000 persoas, e ratificou o compromiso do Goberno autonómico coa Economía Social, xa que foi a primeira Comunidade en aprobar unha lei específica e a segunda en contar cun libro branco.

Neste sentido, desde decembro de 2018, Galicia conta coa Estratexia Galega de Economía Social na que se investirán 7,3M€ ata 2021 para afrontar tres desafíos: sumar capacidades, sumar sustentabilidade e sumar identidade. O obxectivo é crear 3000 empregos e 300 novas entidades, sumar un 10% máis de empresas nacidas da nova economía, chegar ao 50% de mulleres promotoras e un 10% máis de presenza feminina nos órganos de goberno e rebaixar á metade o tempo de constitución de entidades.

Conde finalizou agradecendo o traballo a todo o equipo do Centro de Estudos Cooperativos da USC que fixo posible o Libro Branco e avogou pola colaboración de todos os axentes para impulsar os valores e o modelo da economía social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre