Inicio Galicia Conde avoga polo esforzo conxunto para converter o emprego que vén nunha...

Conde avoga polo esforzo conxunto para converter o emprego que vén nunha oportunidade laboral

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na clausura das Xornadas de boas prácticas e aprendizaxe mutuo no Sistema Nacional de Emprego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, defendeu hoxe en Santiago, na clausura das Xornadas de boas prácticas e aprendizaxe mutuo no Sistema Nacional de Emprego, a importancia da colaboración para que os servizos públicos de emprego poidan identificar o emprego que vén e convertelo nunha oportunidade laboral.

Para o titular de Economía é necesario dar unha resposta personalizada a cada persoa que busca un traballo, atendendo ao seu perfil profesional, e tendo sempre en conta as necesidades da era da dixitalización. Así, avogou por avanzar en novas ferramentas que poidan dar respostas á transformación que está a vivir o mercado laboral.

Deste xeito, agradeceu a celebración das xornadas, que na súa segunda edición, Galicia acolle por primeira vez e na que se avaliaron entre todas as comunidades autónomas un novo sistema de perfilado para os demandantes de emprego.

Na cita participaron preto de 80 profesionais do emprego entre directores xerais e representantes das diferentes administracións autonómicas de España; membros da Comisión Europea; expertos designados pola Rede de servizos públicos europeos; e consultores. Todos co mesmo obxectivo: a mellora dos servizos públicos de emprego enfocada cara á atención personalizada e á revolución tecnolóxica. Un informe do Foro Económico Mundial pon de manifesto que a transformación dixital axudará a xerar 130 millóns de empregos no mundo. De feito, 8 de cada 10 mozos e mozas de entre 20 e 30 anos que atopen un emprego en España nun futuro próximo exercerá profesións recentemente creadas.

Neste senso, Conde sinalou que esta transición está cambiando o mercado de traballo, o que esixe ás administracións públicas anticipación, respostas e recursos, o que fai necesario a actualización das funcións dos servizos públicos de emprego.

Un novo modelo de orientaciónA Xunta está a traballar para implantar un modelo de orientación laboral aberta para que o servizo sexa máis próximo aos usuarios. Así, está a impulsar a rede galega de orientadores que a conforman máis de 500 profesionais. Este ano investíronse 6 millóns de euros, un 1,3% máis que en 2017, para a contratación ou mantemento de 244 orientadores en concellos e entidades sen ánimo de lucro.

O Goberno galego está intensificando o seu labor para axudar ás empresas e aos seus traballadores a adaptarse ao emprego do futuro a través de diversos programas como é o Plan galego de formación 2018-2019 que arrancará nas próximas semanas e que permitirá a máis de 16.500 desempregos escoller, a través da web de Emprego, especialidade e centro entre unha oferta de máis de 1100 cursos. Os alumnos e alumnas, ademais, poderán coñecer o custo da acción formativa que a Xunta financia ao 100% e para o que dedica este ano 48 millóns de euros.

Contido das xornadasNas xornadas celebradas onte e hoxe en Santiago avaliouse o mellor camiño para que os servizos públicos de emprego, a través dun sistema de perfilado, poidan ofrecer una diagnose individualizada das competencias e habilidades da persoa que busca un posto de traballo, máis aló da súa experiencia laboral; unha análise pormenorizado para coñecer a demanda de emprego no seu entorno territorial e laboral máis próximo; un itinerario formativo que permita axustar o perfil laboral á demanda real do mercado de traballo; e un conxunto de servizos multimedia para mellorar o acceso ao Servizo Público de Emprego. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre