Inicio Galicia Conde avanza cos empresarios do Tambre e con Bioga na posta en...

Conde avanza cos empresarios do Tambre e con Bioga na posta en marcha do polo de innovación biotecnolóxica de Santiago

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro co presidente da Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e coa presidenta do Clúster Tecnolóxico de Ciencias da Vida (Bioga), Carme Pampín


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e a presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (Bioga), Carme Pampín, no que avanzaron en diferentes aspectos para a posta en marcha do polo de innovación biotecnolóxica de Santiago.

Así, na reunión destacouse o importante papel que xogará no desenvolvemento deste polo o hub de innovación dixital Datalife, xa aprobado pola Xunta e liderado por Bioga. Esta iniciativa permitirá achegar ás pequenas e medianas empresas galegas un catálogo de servizos e tecnoloxías asociadas á transformación dixital, poñendo o foco no manexo de grandes cantidades de información (big data) e permitindo beneficiar a sectores como a biotecnoloxía e a saúde, o forestal, o agroalimentario, e o complexo mar-industria.

Esta iniciativa conta coa participación de empresas como Clun, Nueva Pescanova, Televés, Mestrelab, CZ Veterinaria, Finsa e Vodafone España; centros de coñecemento como Cesga, Gradiant, e Anfaco-Cecopesca, ademais dos clústeres da Saúde, o da Madeira e o da acuicultura, o clúster alimentario (Clusaga), e o Clúster TIC, así como a Fundación Kaertor e a Universidade de Santiago de Compostela.

Do mesmo xeito, salientouse a manifestación de interese presentada polos empresarios do Tambre para a participación no programa de centros de fabricación avanzada que a Xunta convocará en próximas datas cunha dotación de 16 millóns de euros ata 2022. A través desta liña de apoios, que busca mellorar a competitividade das pemes galegas promovendo que a iniciativa privada poña á disposición das empresas espazos para a prestación de servizos, poderían desenvolverse equipamentos e instalacións en torno ao polo de innovación biotecnolóxica de Santiago, un polo que tratará de configurarse como un referente nacional e internacional e atraer novos investimentos e empresas a Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre