Inicio Galicia Conde apunta á formación como clave para dar resposta aos novos perfís...

Conde apunta á formación como clave para dar resposta aos novos perfís laborais que demandan as empresas

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que a dixitalización require emprego cualificado, polo que unha das principais liñas de actuación da Xunta neste eido pasa por incentivar a formación nas empresas, para dar así resposta aos novos perfís laborais que xa demanda o mercado de traballo.

Na clausura do II Foro internacional sobre transformación dixital, celebrado no Club Financeiro de Santiago, Conde sinalou que, para axudar á industria e ao tecido empresarial a dar o paso cara á transformación dixital, é preciso apoialos para que incorporen novas tecnoloxías que lles permitan gañar en competitividade e para que os seus traballadores poidan prepararse para eses cambios. Así, apuntou que a Xunta quere poñer os máximos recursos ao alcance de Galicia para implantar a industria do futuro, a través de programas como o de Fábrica Intelixente, os proxectos de Industria 4.0, ou as Unidades Formativas en empresas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre