Inicio Galicia Conde apela á necesidade de identificar, recoñecer e acompañar ás novas empresas...

Conde apela á necesidade de identificar, recoñecer e acompañar ás novas empresas que teñen potencial de crecemento

0

Recoñece que a empresa gañadora, Oposita Test, e as outras catro finalistas: Conver Fit, Netun Solutions, Muutech Monitoring Solutions e Kalekoi, teñen como elemento común a innovación e que naceron no contexto de ‘tsunami tecnolóxico’ que estamos a vivir

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apelou hoxe á necesidade de identificar, recoñecer e acompañar ás novas empresas que teñen potencial de crecemento. Así o manifestou durante a entrega do premio Emprendedor XXI, que promove Caixabank, e que recaeu na startup coruñesa Oposita Test, unha plataforma en liña que xa ten subscritos máis 220.000 opositores.

Nesta edición, concorrían outras catro empresas galegas a este recoñecemento. A viguesa Conver Fit, especializada no márketing personalizado. Netun Solutions, tamén de Vigo e dedicada a desenvolver e comercializar proxectos de seguridade viaria. Muutech Monitoring Solutions, de Nigrán, que ofrece solucións de monitorización enfocadas a contornos industriais. E Kalekoi, de Lalín, dedicada á fabricación de iogures artesanais.

O conselleiro recoñeceu que todas elas teñen como elemento común a innovación e que naceron no contexto de tsunami tecnolóxico que estamos a vivir. Apuntou que son empresas capaces de achegar un produto ou un servizo novidoso porque crecen sobre a base do talento, da I+D+i, da dixitalización e da formación; requisitos indispensables, dixo, para ser máis competitivas e adaptarse a un mercado cada vez máis global e dixital.

Conde sinalou que estas calidades fan que unha marca se posicione como novidosa e diferente no mercado. E asegurou que iso é o que está a ocorrer coa Industria 4.0: coa tecnoloxía máis avanzada aplicada aos diferentes sectores económicos para obter o valor engadido da diferenciación.

En Galicia, precisou, ese valor engadido, no sector da automoción, vai orientado cara a todo tipo de tecnoloxías vinculadas ao coche do futuro; no biotecnolóxico, ao descubrimento de novos fármacos; no sector aeronáutico, ao uso de drons para labores de seguridade marítima ou vixilancia ambiental; na industria agroalimentaria, cara a unha maior calidade dos produtos; e, no sector naval, cara a buques tecnoloxicamente máis modernos ou cara a eólica offshore.

O conselleiro remarcou o modo en que en Galicia se está apostando por apoiar o emprendemento innovador e por crear un ecosistema onde poidan ver a luz novas empresas como as cinco que resultaron finalistas neste premio. Referiuse, así, á rede de aceleradoras StartIN Galicia, que abrangue todos os nosos sectores estratéxicos. Ao labor que a Xunta realiza para dar aos emprendedores asesoramento, por exemplo, nos espazos coworking; axudas, con programas como o Galicia Emprende; ou financiamento, a través do Plan de financiamento 2019 que vai apoiar 800 proxectos de emprendedores, pemes e micropemes. E mencionou a folla de ruta coa que se quere impulsar a innovación aberta entre empresas e centros de coñecemento que é o Plan Galicia Innova 2020.

Conde concluíu asegurando que empresas como as seleccionadas para este premio están contribuíndo a crear en Galicia unha industria máis moderna; unha Industria 4.0.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre