Inicio Galicia Conde anuncia que Galicia contará con dúas novas aceleradoras de alta tecnoloxía...

Conde anuncia que Galicia contará con dúas novas aceleradoras de alta tecnoloxía especializadas nos sectores da automoción e o biotecnolóxico

0

Precisa que, cun orzamento próximo aos 4M€, estarán cofinanciadas pola Fundación Incyde a través do programa Feder, segundo a resolución provisional publicada hoxe no BOE

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, anunciou hoxe que Galicia contará con dúas novas aceleradoras de alta tecnoloxía especializadas nos sectores da automoción e o biotecnolóxico, cofinanciadas pola Fundación Incyde a través dos fondos europeos Feder.

O investimento para ambas iniciativas será de preto de 4 millóns de euros e, segundo precisou o conselleiro, o BOE publica hoxe a resolución provisional desta convocatoria pola cal a Fundación Incyde, a través dos Feder, participará no seu cofinanciamento -máis de 2,6M€-.

O primeiro destes proxectos, a aceleradora BioIncubaTech, ten como obxectivo a incorporación de resultados de investigación ás empresas do sector biotecnolóxico e a microempresas dos sectores da saúde e as tecnoloxías alimentarias. Estará encamiñada á creación de micropemes de base tecnolóxica e de spin offs; á mellora da competitividade do tecido empresarial a través da transferencia de tecnoloxía; e ao acompañamento de empresas nos procesos de internacionalización.

Leer más:  El PSdeG premia a las futbolistas Vero Boquete y Paula Dapena con los V Premios de Igualdad 'Maruja Vázquez'

Estará liderado pola USC, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, a asociación Uninova (Iniciativas Empresariais Innovadoras) e a Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), que achegará o 20% do financiamento. Ademais, contará coa participación de tres clústers (Bioga, Clusaga e o Clúster da Saúde) e porá equipamentos de investigación punteiros a disposición das empresas que participen na incubadora.

O segundo proxecto aprobado contempla a creación dunha aceleradora para o fomento da innovación e a transferencia de tecnoloxía ás micropemes do sector da automoción. Contará coa colaboración do Consorcio Zona Franca de Vigo e financiamento da Xunta a través do Igape, e permitirá dotar á aceleradora galega de referencia neste sector, a Business Factory Auto (BFA), dunha infraestrutura máis completa para o cumprimeto dos seus obxectivos, con equipamentos e servizos axeitados ás necesidades dos emprendedores.

Innovación e creatividadeO conselleiro fixo este anuncio durante a súa intervención na xornada “Empresa, talento e creatividade. Prácticas para diferenciarse na era do cambio”, organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) en colaboración coa Xunta. Conde salientou a importancia de que as empresas acheguen valor engadido a todo o que producen a través da innovación, e sinalou que deben ser capaces de detectar necesidades nos clientes e satisfacelas de forma diferente a como o está a facer o mercado.

Leer más:  Se desató un incendio forestal en Entrimo (Ourense)

Nunha economía global onde a oferta é moi ampla pero tamén moi homoxénea, recoñeceu a necesidade de recorrer ao talento e á creatividade para ofrecer novos produtos e servizos verdadeiramente atractivos para o consumidor. O conselleiro referiuse aos cambios que a tecnoloxía está a provocar na sociedade e na industria, e á rapidez á que se producen; e, nese sentido, apuntou que innovar non é cousa dun só día senón que debe ser un esforzo constante e a longo prazo.

Segundo dixo, esta necesidade das empresas de ser máis innovadoras pon nun primeiro plano ás persoas porque o verdadeiro capital dunha empresa non reside só no capital físico, senón no capital de coñecemento que albergan.

Ao respecto, subliñou que a Xunta axuda ao tecido empresarial a atopar ese capital a través de medidas como o Plan Galicia Innova 2020, unha aposta por conectar o tecido produtivo cos centros de coñecemento; cos profesionais e proxectos que se desenvolven en centros tecnolóxicos e universidades galegas para que ese traballo científico-tecnolóxico que realizan estea orientado cara ao mercado e cara ao benestar das persoas.

Leer más:  Abren una cuenta para apoyar a la familia del empleado fallecido en un accidente laboral en A Mariña

Mencionou, tamén, os plans de formación en sectores estratéxicos e as Unidades Formativas en empresas como unha ferramenta para evitar a fenda xeracional na industria a causa da irrupción das novas tecnoloxías, e para adaptar os perfís profesionais á demanda do mercado.

E, finalmente, referiuse á Axenda Industria 4.0 e ao programa Galicia 1000 como o marco no que a Xunta recolle todo un paquete de medidas para axudar ás empresas a dar o salto tecnolóxico e a plantexarse novas estratexias comerciais. É dicir, medidas para converterse en empresas do século XXI con profesionais do século XXI. 


- Te recomendamos -