Inicio Galicia Conde anima en Santiago a investir en innovación e formación para estimular...

Conde anima en Santiago a investir en innovación e formación para estimular a competitividade e garantir o crecemento empresarial

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe á Homenaxe ao Asociado 2019, organizado pola Asociación Área Empresarial do Tambre

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe á Homenaxe ao Asociado 2019, un acto organizado pola Asociación Área Empresarial do Tambre no que se lle fixo un recoñecemento ás nove compañías que cumpren 25 anos como socias desta organización.

Conde destacou o compromiso destas empresas e da propia Asociación co tecido empresarial de Santiago, “contribuíndo a crear riqueza, xerar oportunidades laborais e a estimular a competitividade para garantir o crecemento”, sinalou o conselleiro, que engadiu que estas prácticas constitúen “un exemplo claro do espírito industrial galego”.

O titular de Economía, Emprego e Industria chamou a basear o desenvolvemento económico tanto na aposta pola innovación como pola formación. Deste xeito, animou a fomentar a transformación dixital nas empresas para estimular a diversificación da súa produción e a súa internacionalización, vinculando este modelo a prácticas que melloren a cualificación dos traballadores, faciliten a captación de novo talento e ofrezan oportunidades aos mozos e mozas galegos.

Nesta ocasión, as empresas homenaxeadas por cumprir 25 anos na Asociación Área Empresarial do Tambre son Noyamóvil, Cymel, Cograf Cooperativa Gráfica, Suministros y Afiliados, Centro de Investigaciones Submarinas (CIS), J.

C. Courier, Modesto Alonso Stravis Distribuidora, Maderas Ramos Moreira e Suminorte.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre