Inicio Galicia Conde anima en Monforte aos novos emprendedores a innovar para conquistar ao...

Conde anima en Monforte aos novos emprendedores a innovar para conquistar ao consumidor

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca na presentación dos proxectos do espazo coworking da Ribeira Sacra a importancia de saber ofrecer un produto alternativo que cubra un oco no mercado

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliñou esta tarde en Monforte na presentación dos proxectos da terceira edición do espazo coworking da Ribeira Sacra a importancia de que os novos emprendedores innoven para conquistar ao consumidor, ofrecendo un produto ou servizo alternativo que cubra un oco no mercado.

Conde, que destacou o talento e as boas ideas dos participantes, salientou que o compromiso da Xunta é conseguir que poida aflorar ese espírito emprendedor, sobre todo nos concellos do rural. Neste ámbito, lembrou que a través do programa Galicia Rural Emprende se mobilizan este ano case 7,8 millóns de euros para impulsar un total de 74 proxectos de empresas ou autónomos, 30 máis que na edición anterior. Só na provincia de Lugo, mobilízanse dous millóns de euros na consolidación de 18 proxectos empresariais.

Na súa intervención, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria fixo fincapé en que detrás de cada emprededor adoita haber un autónomo, un colectivo que representa a cuarta parte dos traballadores de Galicia, e para o que se abriu a Oficina do Autónomo de Galicia, unha canle web que puxo a disposición dos participantes na aceleradora monfortina, a través da cal poden recibir información sobre todas as axudas e facer consultas.

Nesta edición do espazo coworking da Ribeira Sacra, impulsado pola Xunta a través do Igape e a Escola de Organización Industrial (EOI), participaron 25 emprendedores con 22 proxectos, centrados en ámbitos como o turismo, a agricultura ecolóxica, o deseño ou a hostalería. No conxunto de Galicia, os espazos coworking van ter axudado cando remate este ano a 540 emprendedores a impulsar un total de 440 proxectos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre