Inicio Galicia Conde afirma que a prioridade da Xunta é blindar a estabilidade das...

Conde afirma que a prioridade da Xunta é blindar a estabilidade das empresas galegas para manter a súa proxección internacional

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu en Vigo á xornada ‘Brexit e EEUU: novo escenario das relacións comerciais internacionais’

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Vigo á xornada Brexit e EEUU: novo escenario das relacións comerciais internacionais, na que subliñou que a prioridade da Xunta é blindar a estabilidade das empresas galegas para manter a súa proxección internacional.

Así, Conde puxo en valor o tecido empresarial galego e destacou que, co apoio da Xunta, está sabendo anticiparse para paliar os efectos que poderían ter sobre a economía galega tanto un posible Brexit sen acordo como as relacións con Estados Unidos.

O conselleiro explicou que o Reino Unido ten que seguir sendo un dos principais aliados comerciais de Galicia a través das 500 empresas exportadoras do eido téxtil, da automoción, do sector conserveiro ou do pesqueiro. Lembrou o plan de continxencia posto en marcha polo Goberno galego a través de estudos, informes e a busca de aliados e rexións afíns e no que destaca a plataforma dixital de asesoramento a disposición das empresas galegas, e unha xanela na que se resolve calquera tipo de consulta e se ofrece información sobre o Reino Unido. Ademais, porase en marcha o cheque Brexit -para apoiar as empresas que exportan ao Reino Unido- unha vez se confirme a saída do país británico da Unión Europea.

Con respecto a Estados Unidos incidiu nas boas relacións comerciais e lembrou a colaboración acordada co Condado de Miami Dade para explorar novas vías de intercambio comercial en sectores como o turismo e o contract; ademais do compromiso da empresa Boeing co desenvolvemento do sector aeronáutico galego.

Conde defendeu que Galicia debe converter estes retos en oportunidades xa que as empresas galegas son as grandes embaixadoras da marca Galicia Calidade e subliñou o esforzo por abrir novos mercados -con misións comerciais nos últimos anos a México, China, Israel ou Arxentina- e pola diversificación de produtos. Finalizou chamando á unidade para asegurar a estabilidade e confianza do tecido empresarial galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre