Inicio Galicia Comezan as obras de rehabilitación integral da igrexa de Donramiro, en Lalín,...

Comezan as obras de rehabilitación integral da igrexa de Donramiro, en Lalín, nas que a Consellería inviste 154.000 euros

0

O conselleiro comproba a “actuación ambiciosa” que se está levando a cabo no templo, “unha auténtica xoia do patrimonio arquitectónico da comarca de Deza”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá as obras de rehabilitación integral da igrexa de Santa María de Donramiro, en Lalín, que acaban de comezar. Nestes traballos, que teñen un prazo de execución de catro meses e serán desenvolvidos pola empresa Construcciones Mascareñas e Hijos S.

A.

U., o departamento de Cultura da Xunta de Galicia inviste 154.600,01 euros. Tal e como explicou o conselleiro, o obxectivo da intervención pasa por cambiar a actual cuberta por unha nova, recuperando así a imaxe orixinal do templo que se viu desvirtuada coa intervención realizada no século XX, cando se mudou a antiga cuberta de madeira da nave por unha bóveda de ladrillo. Trátase, nas súas palabras, dunha “actuación ambiciosa” nun dos templos máis simbólicos da zona, “unha auténtica xoia do patrimonio arquitectónico da comarca de Deza”, definiu. As actuacións previstas pasan pola demolición da cuberta actual, incluída a bóveda de ladrillo do século pasado, co fin de executar unha nova cuberta en madeira de castiñeiro, o que favorecerá a recuperación da imaxe orixinal da igrexa. Así mesmo, tamén se desmontarán as cubertas da cabeceira, aproveitando a estrutura de madeira que se atope en bo estado. O acabado será de tella curva sobre placas de fibrocemento gran onda. Ademais, tamén se tratará a madeira fronte aos xilófagos, procederase á restauración da tribuna do coro substituíndo as táboas de piñeiro por outras de castiñeiro similares ás existentes, renovarase a instalación eléctrica, acometerase o repicado de morteiros de cemento de muros e pavimento interior para a súa substitución por morteiro de cal, e executarase a drenaxe perimetral na zona da cabeceira.

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

Por outra banda, Román Rodríguez referiuse á necesidade de acometer unha “intervención rápida”, por parte do Concello, na contorna da igrexa, co fin de que a posta en valor do templo se vexa acompasada coa da zona na que se sitúa. “Se se intervén na contorna, será un lugar de referencia no concello, na comarca e un lugar moi interesante no conxunto de Galicia”, salientou.


- Te recomendamos -