Inicio Galicia Comezan as obras de reforma e ampliación da escola infantil de Pontedeume

Comezan as obras de reforma e ampliación da escola infantil de Pontedeume

0

Coas actuacións previstas o centro pasará de 41 prazas (3 unidades) a 74 (5 unidades)

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, visitou hoxe a escola infantil de Pontedeume na que deron comezo as actuacións de ampliación e mellora previstas e que permitirán ampliar as prazas do centro de 41 (3 unidades) a 74 (5 unidades).

O investimento total previsto é de 674.000 euros, dos que a Xunta de Galicia, a través do Consorcio, aporta 400.000 euros (cunha achega do 80% procedente de Fondos Feder da Unión Europea); mentres que a cantidade restante corre a cargo do concello de Pontedeume, que tamén se encarga da dirección de obra e encargou a redacción do proxecto. As obras foron adxudicadas á empresa Prace, Servicios y Obras S.

A. e teñen un prazo de execución máximo de 12 meses.

Perfecto Rodríguez destacou a importancia da colaboración institucional que permitiu desbloquear esta actuación e que hoxe sexa unha realidade. Ademais sinalou que con estas obras mellorarán as condicións nas que se presta o servizo, xa que se inclúen actuacións de mellora da accesibilidade no edificio xa existente, ademais da ampliación das dúas unidades, todo isto mellorará as posibilidades de conciliación das familias de Pontedeume e a súa contorna.

O edificio anexo terá unha superficie de 186 metros cadrados e contará ademais de con dúas aulas, cunha sala de usos múltiples, un espazo para cociña, outro de hixiene, etc. Este novo aulario sumarase ao edificio do ‘Chalet rosa’ no que se levarán a cabo as actuacións de accesibilidade, coa construción dun ascensor.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre