Inicio Galicia Comezan as obras de acondicionamento das últimas plantas do edificio de Benito...

Comezan as obras de acondicionamento das últimas plantas do edificio de Benito Corbal, nas que se invisten máis de 800.000 euros

0

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á sinatura da acta de replanteo da segunda fase de rehabilitación, que se prolongará ata marzo de 2021

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á sinatura da acta de replanteo que supón o inicio das obras da segunda fase de rehabilitación do edificio de Benito Corbal. Dáse así comezo aos traballos para acondicionar as plantas 5ª, 6ª, 7ª e 8ª grazas a un investimento de máis de 800.000 euros.

Estas últimas plantas serán ocupadas pola Universidade de Vigo e pola Fundación Manuel Moldes. En concreto, a Universidade ocupará as plantas da quinta á sétima e, segundo explicou o vicepresidente, será a propia Universidade quen decida que usos darlle a este espazo; mentres que a Fundación Manuel Moldes situarase na oitava planta, e pasará a ser “unha referencia cultural” para Pontevedra.

Os traballos que comezarán de inmediato centraranse fundamentalmente no acondicionamento interior, para o que se colocará pavimento, núcleos de aseo e outras actuacións necesarias. Ademais, na oitava planta vaise demoler parte do forxado para crear unha dobre altura que permita acoller as obras de grandes dimensións do pintor Manuel Moldes.

O investimento para acometer estas obras superará os 800.000 euros e esperase poidan estar rematadas en marzo do próximo ano. Así, coa execución desta segunda fase, o investimento total en recuperar o edificio de Benito Corbal para a cidade ascenderá a máis de 5,6 millóns de euros.

Rueda destacou que con estes traballos o edificio estará “completado” e preparado para darlle “unha segunda vida”. Precisou, ademais, que a licencia do concello recibiuse este mesmo luns, e a acta de replanteo asinouse nesta mesma semana porque “non queremos perder ningún tempo”.

Primeira faseA primeira fase de recuperación deste edificio supuxo un investimento duns 4,8 millóns de euros e permitiu rehabilitar as plantas que van do soto á cuarta planta, nas que xa están funcionando as oficinas de emprego e locais de asociacións ds cidade. Ademais, tamén se habilitaron outros espazos de usos xerais como un salón de actos, que xa acolleu ata o momento varios eventos. Co inicio desta segunda fase, remátase o acondicionamento deste edificio administrativo.

Grazas a este investimento, a Xunta recuperou para os pontevedreses un edificio no centro da cidade, un espazo moderno e versátil que é, ademais, eficiente enerxeticamente, en tanto emprega tecnoloxías como caldeiras de biomasa para calefacción, bombas de calor aire-auga, ou unha instalación solar fotovoltaica para a xeración de electricidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre