Inicio Galicia Comezan as actividades dos 3 obradoiros de emprego para menores de 30...

Comezan as actividades dos 3 obradoiros de emprego para menores de 30 anos que se desenvolven na provincia de ourense

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 450.000 euros a estas iniciativas que buscan mellorar a empregabilidade da mocidade


Hoxe comezaron a desenvolver a súa actividade os 3 obradoiros de emprego específicos para menores de 30 anos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa na provincia de Ourense e nos que participan un total de 47 alumnos. O departamento autonómico destina máis de 450.000 euros a estas iniciativas que combinan a formación co desenvolvemento dun traballo específico, cun contrato de aprendizaxe durante 6 meses.

Con este motivo, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou na inauguración do obradoiro ‘Resinas do Avia Miño’ promovido pola agrupación dos concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño que conta con 16 alumnos. A iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para o seu desenvolvemento a Xunta inviste preto de 155.000 euros.

Este programa mixto de formación e emprego está centrado no eido do aproveitamento forestal co obxectivo de rehabilitar aquelas zonas afectadas pola vaga de lumes do pasado ano. Así, entre as actuacións proxectadas, destaca a extracción de resina das plantacións de piñeiros emprazadas en montes veciñais en man común dos concellos promotores.

Leer más:  Se ha originado un incendio forestal en Crecente (Pontevedra) que hasta el momento ha consumido 20 hectáreas

Os outros dous talleres xuvenís están promovidos pola Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e impartirán as especialidades de xardinería e atención sociosanitaria, respectivamente.

No acto, Díaz Mouteira puxo en valor estes obradoiros que, segundo apuntou, buscan mellorar a empregrabilidade da mocidade e animou aos seus participantes a aproveitar a formación teórico-práctica ofrecida porque “é a chave que pode abrir as portas a un futuro de oportunidades laborais”.

Ademais, a Xunta porá en marcha proximamente na provincia de Ourense 18 obradoiros duais de emprego que beneficiarán a 355 persoas desempregadas de 77 concellos. Os participantes destes programas terán unha formación e aprendizaxe durante nove meses, que se poderá complementar, de ser o caso, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. 


- Te recomendamos -