Inicio Galicia Comeza o obradoiro ?Montañas do Courel', que ofrece formación e emprego a...

Comeza o obradoiro ?Montañas do Courel', que ofrece formación e emprego a 16 mozos de tres concellos durante doce meses

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe á presentación da actividade, que financia a Consellería de Emprego e Igualdade con 369.500 euros


O obradoiro de emprego Montañas do Courel inicia hoxe a súa actividade coa participación de 16 mozos e mozas menores de 30 anos que durante doce meses recibirán formación e disporán dun contrato de traballo. O proxecto está promovido polo Concello de Folgoso do Courel xunto con Quiroga e Ribas de Si, e é financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade cunha achega de 369.500 euros.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe en Folgoso na presentación do obradoiro, que traballará na especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Ademais do alumnado, conta cun posto de dirección, un de administración e tres monitores.

As actuacións que levarán a cabo durante os vindeiros meses centraranse na conservación e mellora de camiños municipais e outros espazos públicos dos tres municipios. En Folgoso do Courel está previsto que traballen en Esperante, Noceda, Sobredo, Meiraos, Miraz de Arriba, Mercurín, Moreda, Campelo, Mostad, O Carbedo – Liñariños, Santa Eufemia, Pedrafita do Courel, Vilasibil e Noce. En Ribas de Sil as accións desenvolveranse na ribeira do Sil, Regueiros de San Pedro e Pumares, en San Clodio. En Quiroga tamén actuarán en diferentes núcleos rurais do concello.

Arias salientou que os programas de emprego xuvenil “están orientados a ampliar as perspectivas laborais da xente nova que comeza a súa andadura no mercado de traballo”, ao tempo que promoven actuacións de mellora das dotacións públicas e a prestación de servizos de interese xeral no ámbito local.

Os participantes percibirán un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Xunta apoiará o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Na provincia de Lugo, a Consellería de Emprego e Igualdade financia a posta en marcha de dous programas de emprego xuvenil dentro da convocatoria deste ano. Ademais do proxecto Montañas do Courel, a Administración galega financia con 369.500 euros o obradoiro Vencellos da memoria, promovido pola agrupación de concellos de Ribadeo e Barreiros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre