Inicio Galicia Comeza o curso na nova escola infantil da rede 'A galiña azul'...

Comeza o curso na nova escola infantil da rede 'A galiña azul' de Santiago-O Castiñeiriño

0

O centro, construído e equipado pola Fundación Amancio Ortega, oferta para o curso 2018-2019 un total de 82 prazas


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez Muíños, visitou hoxe -coincidindo coa xornada de portas abertas que marca o inicio do curso 2018-2019- a nova escola infantil da rede autonómica “A Galiña Azul” de Santiago-O Castiñeiriño, construída e equipada pola Fundación Amancio Ortega (FAO), en virtude do convenio asinado por esa entidade, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago o 11 de xullo de 2016.

O centro, que será xestionado pola administración autonómica a través do Consorcio, oferta para este curso un total de 82 prazas (6 unidades) e botará andar con 63 nenos, aos que se sumarán outros 12 pequenos a partir do mes de outubro froito do período extraordinario de matriculación de setembro, co que o número de nenos que asistirán a este centro dende o mes que ven ascenderá a 76.

A escola infantil de Santiago-O Castiñeiriño, situada no número 44 da compostelá rúa Ángel Rodríguez González, incrementa a oferta que xa ofrecía a rede “A Galiña Azul” na capital galega. Se ate o de agora contaba con 5 centros (San Roque, Tambre, Tras Parlamento, dependentes do Consorcio; e Vite e Santa Susana, da Axencia Galega de Servizos Sociais), que ofrecían para o presente curso un total de 388 prazas, agora aumentará ata as 470. A partir do próximo mes de outubro, este novo servizo para favorecer a conciliación laboral e familiar dos pais e nais de nenos de idades comprendidas entre os 0 e 3 anos, disporá ademais de servizo de comedor para todos aqueles que o precisen.

Na xornada de portas abertas que hoxe tivo lugar, en horario de 10,00 a 13,00 e de 16,00 a 18,00, os pais e nais, xunto cos seus fillos, puideron coñecer in situ, e co persoal do centro, as instalacións da nova escola infantil, que conta cun deseño moderno e funcional, e recibir información acerca do seu funcionamento.

A escola infantil de Santiago-O Castiñeiriño é un dos cinco centros escolares de nova creación que a administración autonómica pon en funcionamento para este curso 2018-2019, xunto cos de Lugo e Ourense (Centro Interxeracional), tamén construídos e equipados pola FAO, e os de A Estrada e Mos, executados pola Xunta a través do Consorcio. Eses cinco novos centros incrementarán a oferta da rede “A Galiña Azul” en 402 prazas, permitindo que esta pase das 9811 prazas ofertadas no curso 2017-2018 ás 10.289 do presente curso.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre