Inicio Galicia Comeza a obra de instalación dun pantalán para a descarga da pesca...

Comeza a obra de instalación dun pantalán para a descarga da pesca no porto de Combarro, en Poio

0

A actuación foi solicitada pola confraría de pescadores da localidade

Portos de Galicia vén de iniciar as obras de instalación dun pantalán para a descarga da pesca no porto de Combarro, no municipio pontevedrés de Poio. Esta actuación dá resposta a unha solicitude trasladada ao ente público pola confraría de pescadores de Raxó-Combarro.

A actuación consiste na instalación de dous módulos de pantalán de 12 e 10 metros de lonxitude procedentes do almacén do que dispón Portos de Galicia no peirao de Tragove, previa adecuación dos seus materiais e elementos de flotación ás necesidades do peirao de Combarro. Ademais, estase a instalar unha chapa metálica no pantalán a modo de escalón para facilitar o acceso ás escaleiras do peirao.

Finalmente, os traballos remataranse coa colocación dunha varanda de protección no tramo do cantil coincidente coa caída ao novo pantalán. O prazo de execución das obras, xa en marcha é de dous meses. A actuación conta cun orzamento de preto de 10.000 euros e redundará na mellora das condicións de traballo do sector profesional que opera no porto de Combarro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre