Inicio Galicia Comeza a fase clasificatoria da undécima edición do programa Parlamento Xove na...

Comeza a fase clasificatoria da undécima edición do programa Parlamento Xove na categoría de secundaria

0

O tema de debate deste ano é ‘¿Deberían incrementarse as sancións para as persoas e empresas que non respecten o medio ambiente?’

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde ás xornadas clasificatorias de Secundaria na undécima edición do programa Parlamento Xove que se desenvolven entre onte e hoxe no Centro Residencial Docente de Culleredo. Alí destacou a preparación dos equipos e a calidade da súa oratoria.

Os equipos confrontaron as súas opinións sobre a seguinte pregunta: ‘¿Deberían incrementarse as sancións para as persoas e empresas que non respecten o medio ambiente?’. Nesta primeira quenda déronse cita 22 equipos da categoría de Secundaria, cada un deles está formado por unha persoa docente, que exerce de coordinador do grupo, e por catro estudantes.

En concreto, na categoría de Secundaria déronse cita seis equipos de centros da provincia da Coruña: Colexio La Salle (Santiago), IES Pedra da Aguia (Camariñas), CPR Maristas Cristo Rei (A Coruña), dous equipos do CPR Plurilingüe Liceo la Paz (A Coruña) e o CPI de Cruz do Sar (Bergondo). Outros nove da provincia de Pontevedra: dous equipos do Colexio Internacional SEK-Atlántico (Poio), outros dous do Colexio Eduardo Pondal (Cangas), CPR Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes (A Estrada), IES A Xunqueira II (Pontevedra), IES Val do Tea (Ponteareas), CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagarcía de Arousa) e CPR Santiago Apostol (Soutomaior). Seis equipos saídos de centros da provincia lucense: IES Becerreá (Becerreá), dous equipos do Colexio Padres Escolapios (Monforte de Lemos), dous equipos do CPR Maristas A Inmaculada (Lugo) e Colexio Plurilingüe San José-FEC (Lugo). Por último, da provincia de Ourense participa un equipo do CPR Plurilingüe Santa María (Ourense).

Fase final Logo desta fase clasificatoria xurdirán oito equipos gañadores que se enfrontarán nunha segunda fase final, aínda por determinar data e lugar de celebración. De maneira paralela, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado. En canto aos premios, o equipo gañador obterá unha viaxe valorada en 5.000 euros. Así mesmo, contará cunha mención especial e cun agasallo o mellor orador e o mellor artigo de investigación. Nos vindeiros días terán lugar as probas na modalidade de Bacharelato e Universidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre