Inicio Galicia Cinco persoas permanecen ingresadas tras o accidente do catamarán no Grove

Cinco persoas permanecen ingresadas tras o accidente do catamarán no Grove

0

Dos 23 pacientes que tiveron que ser atendidos onte nos centros hospitalarios, 18 xa foron dados de alta

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2018.- A Consellería de Sanidade informa de que a día de hoxe permanecen ingresadas 5 das 23 persoas que onte tiveron que ser atendidas nos centros hospitalarios como consecuencia do accidente rexistrado en O Grove. Dúas delas, con queimaduras moi graves, continúan ingresadas na unidade de queimados do CHUAC e permanecen estables. Os outros tres feridos, con queimaduras graves, están ingresados en Povisa. Os 18 pacientes restantes que tiveron que ser atendidos con pronósticos de menor consideración nos hospitais de Montecelo (7), no Hospital do Salnés (8), no Hospital Provincial de Pontevedra (1) e no Hospital Domínguez (2) foron todos dados de alta.   En total foron 48 as persoas que resultaron feridas de diversa consideración; 25 delas non precisaron ser trasladadas a centros hospitalarios e recibiron asistencia no Punto de Atención Continuada (PAC) de O Grove e no mesmo lugar do suceso.   Dende o Sergas, a través das Urxencias Sanitarias de Galicia-061, mobilizáronse 2 helicópteros; 3 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado; 12 ambulancias de soporte vital básico; 1 equipo sanitario do PAC de O Grove e outro do PAC de Baltar (Sanxenxo), 1 vehículo de apoio loxístico e 4 ambulancias de apoio. Ademais tamén participaron 3 ambulancias de Protección Civil (2 de Vilagarcía e 1 de A Estrada).   A Consellería de Sanidade agradece a profesionalidade e o esforzo de todos os traballadores sanitarios, hospitais e centros de saúde, puntos de atención de urxencias e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre