Inicio Galicia Chegan a Galicia preto de 300 pasaxeiros coreanos no primeiro dos tres...

Chegan a Galicia preto de 300 pasaxeiros coreanos no primeiro dos tres voos chárter da aeroliña Korean Air de novembro

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiron hoxe aos viaxeiros procedentes de Seúl que coñecerán a Comunidade galega durante estes días

Preto de 300 pasaxeiros procedentes de Corea chegaron hoxe a Galicia a bordo do primeiro dos tres voos chárter da compañía Korean Air, procedentes de Seúl, programados durante este mes de novembro para potenciar o turismo asiático na Comunidade. Foron recibidos polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Turismo, Nava Castro.

A aerolínea coreana comeza así a programacións de voos especiais con destino a Galicia que ten programados este mes durante tres sábados, con chegada ás 21,10 horas. Esta operativa dá resposta á intensa actividade promocional e aos vínculos interinstitucionais acadados entre a Comunidade galega e Corea nos últimos anos, onde o Camiño de Santiago ten un fondo interese neste mercado.

Unha das accións máis destacadas foi a viaxe de familiarización e prospección organizada o ano pasado pola Xunta para un grupo de operadores turísticos e directivos da compañía aérea Korean Air para coñecer parte do noso patrimonio cultural, natural, o Camiño de Santiago e os recursos enogastronómicos.

Estreita colaboración nos últimos anosAdemais, Galicia asinou un memorando de entendemento co Goberno metropolitano de Seúl a través do que ambos territorios recoñecen a importancia da peregrinación e buscan a colaboración e fomentan esforzos conxuntos de promoción e difusión para favorecer o seu desenvolvemento.

Este memorando súmase a outros proxectos en materia turística que vinculan a Galicia con Corea do Sur, como a visita hai dous de representantes dos itinerarios de Jeju Olle, que percorren a illa volcánica de Jeju para coñecer a Ruta Xacobea ou a celebración en Santiago o ano pasado da World Trails Congress, un encontro que foi creado precisamente en Corea en 2010 e serviu para seguir conectando rutas de todo o mundo e promover a súa mellora e protección a través dunha colaboración global.

Ademais, Galicia está presente en diversas feiras promocionais deste país. O pasado mes de xuño a Comunidade galega participou no certame KOFTA International Tourism Industry Fair que se celebraba en Coreo do Sur. Alí difundiuse a oferta turística galega e mantivéronse varias citas con axentes comerciais.

Segundo os datos da Oficina do Peregrino, Corea do Sur achegou durante o ano pasado máis de 5.600 peregrinos, o que a sitúa como a oitava nacionalidade estranxeira máis habitual nos itinerarios xacobeos e a primeira de toda Asia.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre