Inicio Galicia Chega a Lugo a mostra inspirada no Camiño de Santiago na que...

Chega a Lugo a mostra inspirada no Camiño de Santiago na que participan 12 dos artistas galegos máis destacados

0

Ata o 4 de outubro, poderanse contemplar 23 pezas pictóricas, escultóricas e fotográficas de autores de diferentes xeracións e estilos

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), Manuel Quintana Martelo, inauguraron hoxe na sede do Museo Provincial de Lugo a mostra Facer Camiño. Trátase dunha exposición na que 12 dos máis destacados artistas galegos asocian a arte co Camiño de Santiago e que chega a Lugo logo do seu paso por Vigo e A Coruña.

Durante a inauguración da mostra, Anxo M. Lorenzo salientou a capacidade de Facer Camiño para asociar “a expresión plástica e visual de hoxe cun dos elementos esenciais na conformación da nosa identidade: o Camiño de Santiago”. Nesta mesma liña, o representante da Xunta de Galicia destacou a importancia dos académicos que participan nesta “peregrinación artística” desde diferentes perspectivas, medios expresivos e estilos.

Tras o seu paso por Lugo, onde a mostra se poderá visitar ata o día 4 de outubro, a itinerancia continuará ata as cidades de Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Ferrol, así como a vila de Mondoñedo, asociada ao territorio histórico das Rutas Xacobeas.

Escolma do talento galegoA mostra, comisariada por Asunta Rodríguez, reúne unha escolma do traballo dos artistas galegos, todos eles pertencentes á RAGBA: Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado.

Concretamente expóñense 23 pezas, entre as que se inclúen pinturas, esculturas e fotografías, enfiadas por citas e referencias á peregrinación xacobea e á súa meta de autores tan destacados como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre