Inicio Galicia Cetmar comparte a súa experiencia en accións de recolla e xestión do...

Cetmar comparte a súa experiencia en accións de recolla e xestión do lixo mariño nun taller do proxecto europeo Marelitt en Alemaña

0

O Centro Tecnolóxico do Mar dará conta das actividades desenvolvidas nesta materia en diferentes proxectos na última década e co apoio do sector pesqueiro e portuario

A Fundación CETMAR participa no “Taller sobre reciclaxe de aparellos de pesca perdidos” que se celebra dende hoxe e durante esta semana na cidade alemá de Stralsund no marco do proxecto MARELITT, financiado polo programa europeo INTERREG Baltic.

O Centro Tecnolóxico do Mar tomará parte neste obradoiro para expoñer a súa experiencia en accións de recolla e xestión do lixo mariño, incluíndo aparellos de pesca, levadas a cabo en colaboración co sector pesqueiro e portuario durante os últimos dez anos, en proxectos como OMAR, 3RFISH, Nada pola Borda, PESCAL ou CleanAtlantic.

A participación neste taller será ademais unha oportunidade para compartir ideas e mellorar os coñecementos na materia, xa que nel participan algúns dos principais actores (públicos e privados) no campo da xestión e reciclaxe de redes de pesca en Europa.

Así, nestes días abordaranse temáticas relacionadas coa xestión e infraestrutura portuaria, o manexo e pre-procesado de aparellos de pesca. Tamén como abordar a problemática de acumulación destes residuos -prevención e retirada dos mesmos-, avaliación das opcións técnicas de reciclaxe das redes de pesca e posta en práctica das mesmas en Europa.

Leer más:  Galicia ocupó el quinto lugar en el número de muertes en el trabajo en 2023, destacándose especialmente los casos de infartos

O proxecto MARELITT está liderado por WWF Alemaña con parceiros de Suecia, Estonia e Polonia e ten como obxectivo principal reducir o impacto do lixo mariño formado por aparellos de pesca perdidos no Mar Báltico. Tamén busca definir un modelo de xestión sustentable e as opcións de reciclaxe dos mesmos, de acordo cos principios da economía circular.

Coa súa participación neste obradoiro, a Fundación CETMAR segue a reforzar o seu papel como centro tecnolóxico con experiencia nesta materia, na que actualmente está a desenvolver novos proxectos.


- Te recomendamos -