Inicio Galicia Cecilia Pereira visita Oímbra para poñer en valor o patrimonio Xacobeo no...

Cecilia Pereira visita Oímbra para poñer en valor o patrimonio Xacobeo no marco do ciclo ?Vive o Camiño'

0

A Xunta impulsa este ciclo co obxectivo de dinamizar a Vía da Prata mediante rutas a pé, actividades gastronómicas e obradoiros para nenos e adultos de balde

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou hoxe en Cata o Camiño, unha das tres actividades celebradas en Oímbra no marco de Vive o Camiño, o ciclo impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o patrimonio xacobeo da Vía da Prata ao longo deste outono.

A vila ourensá de Oímbra é a quinta parada deste ciclo que visitará os 35 concellos da Vía da Prata e que contempla un cento de actividades. En total son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana e nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais.

Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé, iniciativas gastronómicas e obradoiros para nenos e adultos. No caso de Oímbra, os participantes puideron percorrer pola mañá a Ruta dos Lagares Rupestres. Xa pola tarde, os máis pequenos asistiron ao obradoiro Xogando coa Natureza, mentres que os adultos participaron no taller Memorias de Prata.

Un 3% máis de peregrinosA xornada pechouse coa actividade Cata o Camiño, que contou coa asistencia da comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, que aproveitou a súa visita a Oímbra para poñer en valor a riqueza enogastronómica da provincia de Ourense e destacar o potencial da Vía da Prata. “Esta ruta conta cun importante potencial de crecemento. De feito, este ano está a incrementar o seu número de peregrinos un 3%”, salientou a comisaria do Xacobeo 21.

Ao longo do mes de outubro, Vive o Camiño chegará tamén a Verín (sábado 26) e Monterrei (domingo 27). Os interesados en participar en calquera destas actividades, gratuítas pero con necesidade de inscrición previa, poderán reservar praza chamando ao número de teléfono 722876073. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre