Inicio Galicia Cecilia Pereira participa no Congreso de Intelixencia Artificial, que estrea o estudo...

Cecilia Pereira participa no Congreso de Intelixencia Artificial, que estrea o estudo virtual Galicia MICE impulsado pola Xunta

0
image_gallery.jpg


A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou hoxe no programa social do Congreso Europeo de Intelixencia Artificial (ECAI 2020). Trátase dun evento que, baixo o lema Aplanando o camiño cara a IA centrada no ser humano, brinda aos investigadores a oportunidade de presentar e debater sobre as mellores investigacións, desenvolvementos, aplicacións e resultados da IA e que é o primeiro evento que se celebra no novo estudo virtual Galicia MICE impulsado pola Xunta.

Situado na cidade da Cultura, o estudo funciona a modo de plató virtual para incentivar o turismo de congresos no actual contexto sanitario. É un dos compromisos do Plan de Reactivación do sector turístico e cultural co que o Goberno galego inclúe un acordo de colaboración por 200.000 coa Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos de Galicia con varias medidas, entre elas este estudo virtual. O plató ten dous sets que simulan un estudo de televisión onde se poden celebrar eventos presenciais, virtuais ou híbridos, xa que ten unha zona para público presencial e con mobiliario modificable en función das necesidades. En ambos sets, cóntase con canle de streaming de ata 1.000 asistentes e poden realizarse videoconferencias con capacidade de ata 500 asistentes. Para o manexo dos medios audiovisuais hai un grupo de técnicos especializados neste tipo de servizos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre