Inicio Galicia Cecilia Pereira destaca que máis de 1.600 persoas participaron xa nas actividades...

Cecilia Pereira destaca que máis de 1.600 persoas participaron xa nas actividades de ?Vive o camiño? na Vía da Prata

0

A comisaria do Xacobeo 21 presentou o programa impulsado pola Xunta en Ourense co obxectivo de dinamizar a Vía da Prata mediante rutas a pé, actividades gastronómicas e obradoiros para nenos e adultos


A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, acompañada pola concelleira de Turismo en Ourense, Flora Moure, presentou hoxe no Liceo as actividades programadas para este fin de semana en Ourense, Vilamarín e San Cristovo de Cea no marco de Vive o Camiño, o programa impulsado pola Xunta co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o patrimonio xacobeo da Vía da Prata.“Desde que o pasado mes de setembro se puxo en marcha este ciclo que descobre as singularidades de cada concello a través da natureza, a gastronomía e o patrimonio, participaron nas actividades deseñadas para achegarse ao Camiño de Santiago máis de 1.600 persoas”, precisou a comisaria do Xacobeo 21 que, ademais, subliñou a importancia de deseñar iniciativas que axuden “a enriquecer a experiencia e vivencia xacobea dos peregrinos implicando a poboación local”.

No caso de Ourense, tal e como explicou Cecilia Pereira, as actividades darán comezo ás 11,00 horas cun paseo por dous enclaves do Camiño ao seu paso pola cidade: O Posío e As Burgas. “É unha oportunidade para a descuberta do patrimonio local da man dun ambientólogo e dunha guía experta”, engadiu a comisaria.

Cultura e naturezaXa pola tarde as actividades continuarán no Liceo, onde ás 18,00 horas Gerson Iglesias, de Cociña Ourense, ofrecerá un showcooking no que os participantes poderán degustar escuma de queixo do país, chourizo e fume, orella acaramelada á feira e pataca, así como castañas con leite e licor café. Este evento contará con entrevistas a convidados e o público terá a oportunidade de degustar todas as preparacións de Gerson Iglesias. Tamén pola se levarán a cabo dous obradoiros: un dirixido a adultos que baixo o título de Memorias de Prata permitirá afondar na riqueza do patrimonio da zona a todas as persoas interesadas, e outro Xogando coa natureza deseñado para os máis cativos. Ambos terán lugar no Liceo e serán ás 17,00 e as 18,00 horas respectivamente. Vive o Camiño chegará o sábado a Vilamarín onde, ás 10,30 horas e saíndo do Pazo de Vilamarín, se levará a cabo o paseo pola Ruta dos Pazos. Pola tarde, na Casa da Cultura, celebraranse os obradoiros Memorias de Prata (17,00 horas) e Xogando coa natureza (18,00 horas). A axenda rematará ás 18,00 horas coa actividade enogastronómica Cata o Camiño, que se celebrará a partir das 18,00 horas no Museo Etnográfico da Casa da Cultura. As actividades en San Cristovo de Cea terán lugar o domingo cando, ás 10,30 horas, partirá do Mosteiro de Oseira un grupo para percorrer o paseo pola ruta da Vía da Prata e que permitirá que, durante dúas horas, os participantes se acheguen ao patrimonio deste trazado. Pola tarde as actividades trasladaranse ata o Edificio Multiusos. Así, ás 16,30 horas celebrarase o obradoiro para adultos Memorias de Prata e unha hora máis tarde os máis pequenos poderán gozar de Xogando coa natureza. Como peche, ás 17,30 horas no auditorio, haberá unha degustación de produtos enogastronómicos. Un cento de actividades este outonoEn total son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana ata que remate o ano e nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais e que conta cun importante potencial de crecemento.

Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé nas que descubrir os segredos deste trazado, iniciativas gastronómicas nas que veciños e peregrinos poden degustar produtos enogastronómicos da comarca, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial vinculado co Camiño de Santiago.

Os interesados en participar en calquera destas actividades, gratuítas pero con necesidade de inscrición previa, poderán reservar praza chamando ao número de teléfono 722876073. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre