Inicio Galicia Cecilia Pereira destaca a capacidade de 'Vive o Camiño' para implicar a...

Cecilia Pereira destaca a capacidade de 'Vive o Camiño' para implicar a poboación local na experiencia xacobea

0

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou hoxe en Santiago nas actividades programadas no marco de Vive o Camiño, a iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e pór en valor o patrimonio xacobea da Vía da Prata. No transcurso do acto, Cecilia Pereira destacou a capacidade deste programa para implicar a poboación local na experiencia xacobea e salientou que desde que se puxo en marcha participaron nas actividades de Vive o Camiño máis de 3.000 persoas en 35 concellos.

As actividades na capital galega incluíron unha visita ao Museo das Peregrinacións e de Santiago e dous obradoiros no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), un para adultos e outro para nenos, no que os participantes puideron afondar na riqueza do patrimonio local. Como peche da xornada celebrouse o evento Catar o Camiño, no que se ofreceu ao público asistente unha degustación de produtos enogastronómicos. O domingo Vive o Camiño chegará a Vedra, onde as actividades darán comezo ás 10.30 horas cun roteiro desde a Capela do Gundián.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre