Inicio Galicia Case un cento de empresas galegas do sector forestal vanse beneficiar das...

Case un cento de empresas galegas do sector forestal vanse beneficiar das axudas da Xunta para novos equipamentos, que mobilizarán preto 33M?

0

Os investimentos apoiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, teñen que ver, por exemplo, coa compra de nova maquinaria, a construción de naves industriais, a adquisición de equipos de medición ou liñas automáticas de canteado

A Xunta de Galicia acaba de resolver a convocatoria de axudas para a modernización tecnolóxica do sector forestal que van beneficiar un total de 97 empresas galegas e mobilizarán preto de 33 millóns de euros. Estes apoios, dotados cun orzamento de 10,4 millóns de euros e cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, foron convocados o pasado mes de febreiro para promover nesta industria investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais.

Os investimentos apoiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria -a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera)- teñen que ver, por exemplo, coa compra de nova maquinaria, a construción de naves industriais, a adquisición de equipos de medición ou liñas automáticas de canteado. Trátase de empresas de aproveitamentos forestais e da primeira transformación da madeira asentadas no rural. De feito, o sector da transformación e comercialización de produtos forestais é un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico do medio rural e para a consolidación e diversificación do seu tecido empresarial. Actúa, ademais, como un elemento que contribúe a fixar poboación nestes concellos.

Con esta premisa, os últimos catro anos, a Xunta investiu preto de 45 millóns de euros en axudas ao sector para mellorar a formación dos profesionais -con máis de 3600 beneficiarios- e incentivar a modernización desta industria a través da transformación dixital. Nesa mesma liña, este ano estanse a executar un total de 14 millóns de euros que contempla a Axenda da Industria Forestal para incorporar as novas tecnoloxías, a innovación e o ecodeseño.

A Administración autonómica é consciente da necesidade de impulsar un novo modelo industrial no ámbito forestal que explore nos novos usos da madeira e na bioeconomía, ao considerar que é compatible a protección do medio ambiente cun crecemento económico sustentable para contar cunha Galicia máis verde.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre