Inicio Galicia Case o 82% dos usuarios dos comedores escolares xestionados pola Xunta gozan...

Case o 82% dos usuarios dos comedores escolares xestionados pola Xunta gozan do menú gratuíto ou pagando 1 euro ao día

0

Desde 2009 a Consellería incrementou o número de prazas en comedores escolares en máis de 16.800, é dicir, case un 30 por cento máis


Case o 82% dos usuarios dos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional gozan deste servizo de forma gratuíta ou pagando tan só 1 euro ao día. Así se desprende do balance dos datos realizados ao remate do curso 2018/19, no cal o departamento educativo da Xunta de Galicia analiza os datos do servizo complementario prestado, ben a través de comedores de xestión directa (con cociña no centro), ben de xestión indirecta (sen cociña no centro).

En concreto o 74,5% dos comensais gozaron do menú totalmente de balde, mentres que o 7,2% pagaron 1 euro ao día, o 4,6% pagaron 2,5 euros ao día e o 13,7% con rendas máis altas aboaron 4,5 euros por menú. Cómpre salientar que o prezo sempre é 0 para os comensais dos Centros de Educación Especial (CEE).

Por provincias, os datos son os que seguen:  Provincia Gratis

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre