Inicio Galicia Case dous millóns de euros recadados por sancións en materia de vivenda...

Case dous millóns de euros recadados por sancións en materia de vivenda foron destinados á concesión de axudas

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda informou esta tarde da actividade inspectora realizada en vivenda protexida na Comunidade no 2019, que se pechou con máis de 2.000 inspeccións no conxunto de Galicia


O importe recadado polas sancións e multas impostas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo en materia de vivenda protexida elevouse a case dous millóns de euros, desde o ano 2013. Este importe foi redirixido aos distintos programas en materia de vivenda, co fin de achegar o maior número de axudas posibles entre os solicitantes.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, interveu esta tarde no Parlamento de Galicia para informar da actividade inspectora realizada durante o ano 2019, que se pechou con 2.159 inspeccións totais realizadas e que dende 2013 se elevan a case 20.000 (19.649).

Destacou que para o cumprimento deste aspecto, o IGVS conta cun equipo de inspectores nas catro áreas provinciais e nos servizos centrais de Santiago de Compostela, que actúan en base a unha programación de oficio, mentres que outras son derivadas de denuncias recibidas no Instituto.Ángeles Vázquez recordou que o obxectivo do réxime sancionador da Lei non é recadar, senón procurar o seu cumprimento e, a modo de exemplo, explicou como se actúa no caso dunha sanción a un arrendatario que non deposita a fianza no IGVS no prazo dun mes, dende a firma do alugueiro. No caso de que o propietario deposite a fianza por propia iniciativa, pero fóra de prazo, non se imporía unha sanción, pero debería abonar os intereses derivados desde a data do contrato ata a data do depósito. Por outra banda, se o propietario non deposita a fianza, e o IGVS o detecta, inicia un expediente sancionador, que poderá finalizar coa imposición dunha sanción de entre 300 e 3.000 euros, ademais do depósito do importe da fianza.

A conselleira manifestou que ditos importes poden destinarse ás anualidades dos distintos programas en materia de vivenda, como, por exemplo, o programa Áreas de Rehabilitación Integral, que na actualidade suma 71 ARI nos concellos galegos, o maior número de ARI da historia da comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre