Inicio Galicia Case 60 emprendedores galegos volveron a Galicia no 2019 grazas ao programa...

Case 60 emprendedores galegos volveron a Galicia no 2019 grazas ao programa da Secretaría de Emigración de apoio ao retorno emprendedor

0

O orzamento total destinado a esta liña medra ata superar os 341.000 euros, un 70% máis do previsto inicialmente Ante a elevada demanda e o éxito de participación, o goberno galego eleva neste 2020 o orzamento da orde ata os 400.000 euros, coa posibilidade de amplialo no caso de que sexa necesario


Case 60 emprendedores galegos volveron a Galicia durante o 2019 grazas ao programa da Secretaría Xeral de Emigración de apoio ao retorno emprendedor. Deste xeito, o investimento achegado para facilitar a posta en marcha destas iniciativas empresarias ascendeu finalmente ata os 341.000 euros, cifra que supón un 70% máis do previsto na convocatoria inicial.“Os números desta orde son moi positivos, e amosan que estamos a cumprir un dos obxectivos do programa: que os emprendedores sintan Galicia como o mellor lugar para vivir e desenvolver os seus proxectos familiares e profesionais”, sinala Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, quen explica que, ante a elevada demanda e o éxito de participación, o goberno galego eleva neste 2020 o orzamento da orde ata os 400.000 euros, coa posibilidade de amplialo aínda máis no caso de que sexa necesario.

A través deste programa, a Xunta de Galicia busca incentivar o retorno de galegos residentes no exterior que queiran emprender un proxecto na Comunidade, en especial daqueles mozos da diáspora que desexen ter unha oportunidade laboral na súa terra de orixe. Neste sentido, cómpre salientar que a idade media dos beneficiarios sitúase nos 42 anos.

Desde a posta en marcha desta liña, téñense impulsado 190 iniciativas empresarias en Galicia, a maior parte delas no rural ao incrementarse a axuda en 2.000 euros se o negocio se establece neste ámbito.

Os case 60 proxectos deste ano estanse a impulsar por retornados galegos procedentes de ata 20 países distintos, o que da idea de importancia da orde na procura de ofrecer a todos os galegos do exterior á posibilidade de volver á súa terra. Entre os países de procedencia, destacan os 22 emprendedores chegados de Venezuela, os 7 do Brasil, os 4 de Reino Unido ou outros tantos de Alemaña.

Medidas doutros departamentos do Goberno galegoEste programa configúrase como unha das liñas máis importantes que está a promover a Secretaría Xeral no marco da Estratexia Retorna 2020; unha estratexia transversal na que están implicados outros departamentos autonómicos, tanto na contratación de traballadores coma na creación de autoemprego para persoas emigrantes galegas retornadas.

Así, nestes momentos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activas 4 liñas de axuda que suman 12 millóns de euros que están a fomentar tamén o emprego entre os galegos que optan por volver a casa: o programa Aprol Economia Social, para o fomento do emprendemento na economía social; a liña Emprega Persoas con Discapacidade ou en Risco de Exclusión Social; o Emprega Muller, e o Emprega Parados de longa duración; todos eles dotados cun 25% máis de apoio no caso de que os beneficiarios sexan galegos retornados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre