Inicio Galicia Carmen Pomar visita nos Peares o alumnado da English Week organizada por...

Carmen Pomar visita nos Peares o alumnado da English Week organizada por Educación

0

Uns 1.125 alumnos de toda Galicia participan nestas estadías de inmersión lingüística en inglés que cada ano programa a Consellería e que son totalmente de balde para as familias

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o alumnado que está participando na English Week, o programa de inmersión lingüística en inglés que cada outono organiza a Xunta de Galicia no Centro de Excelencia dos Peares, e que vai dirixido a estudantes de 6º curso de educación primaria e dos catro cursos de ESO co fin de que melloren as súas competencias neste idioma.

O obxectivo principal da iniciativa -no que participan arredor de 1.125 alumnos de toda Galicia entre outubro e novembro- é proporcionarlle ao alumnado unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa.

Para iso, organízanse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros, de tal xeito que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes. Trátase, por tanto, de que o alumnado poida desenvolver a súa comunicación en inglés nunha contorna real, estimulando a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o ámbito escolar.

A conselleira Carmen Pomar emprazou aos alumnos participantes (esta semana hai uns 100 rapaces de 5 colexios) a que aproveiten ao máximo a súa estancia nos Peares, tanto desde o punto de vista lúdico como desde o académico, xa que hoxe en día o coñecemento de idiomas “deixou de ser un valor engadido para converterse nun requisito imprescindible” no desenvolvemento profesional e ademais do enriquecemento persoal.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Enmarcadas dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, as estadías son totalmente gratuítas para as familias, xa que a Consellería asume o custe das mesmas cunha partida de 544.500 euros destinados a sufragar os gastos de docencia e material escolar, de mantemento e aloxamento dos rapaces, a contratación dos monitores que os acompañan, as actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, os certificados e os seguros correspondentes.

As estadías desenvólvense en sete quendas dunha semana de duración entre o 7 de outubro e o 24 de novembro. Deste xeito, os rapaces pasan unha semana de domingo a sábado en réxime de internado nun campamento con profesorado e monitores nativos en inglés, onde compaxinarán as actividades formativas con outras de carácter lúdico.

Centros participantesNesta estadía participan un total de 39 centros educativos públicos a razón de 17 centros da provincia da Coruña, 7 de Lugo, outros 7 de Ourense e 8 de Pontevedra. En concreto, os centros participantes da provincia de A Coruña son: o IES Fernando Blanco de Cee, o IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, o IES Plurilingüe Adormideras de A Coruña, o IES David Buján de Cambre, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, o IES Terra de Soneira de Vimianzo, o IES Sofía Casanova de Ferrol, o IES de Ortigueira, o IES Ferrol Vello de Ferrol, o CEIP Plurilingüe de Pedrouzos de Brión, o CEP Salustiano Rey Eiras de A Pobra do Caramiñal, o CEIP Plurilingüe Manuel Murguía de A Coruña, o CEIP Plurilingüe Os Casais de Fene, o CEIP Plurilingüe Ponte do Porto de Camariñas, o CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo, o CEIP Plurilingüe Concepción Arenal de A Coruña e o CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Da provincia lucense participan o CPI de Tino Grandío de Guntín, o IES Río Cabe de Monforte de Lemos, o IES Enrique Muruais de A Pontenova, o CPI Doctor López Suárez de O Saviñao, o IES Becerreá, o CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela e o CEIP Plurilingüe Santa Rita de Viveiro.

Pola súa banda, na provincia de Ourense benefícianse o CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, o CPI Antonio Faílde de Coles, o IES Xermán Ancochea Quevedo de A Pobra de Trives, o CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro de Barbadás, o CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, o CEIP Plurilingüe dos Blancos e o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro.

Por último, de Pontevedra participan nas estadías de inmersión lingüística os seguintes centros: o IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis, IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña, o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa, o CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén, o IES de Salvaterra do Miño, o CPI Progreso de Catoira, o CEIP Plurilingüe Froebel de Pontevedra e o CEIP Torre-Illa de A Illa de Arousa.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Visita ao CEE MiñoNa xornada de hoxe a conselleira Carmen Pomar tamén visitou o Centro de Educación Especial Miño (na cidade de Ourense), onde mantivo un encontro cos responsables do centro, a quen informou da obra de renovación dos falsos teitos que se inicia hoxe e que suporá un investimento de 177.000 euros.

A renovación prodúcese despois do desprendemento dalgúns elementos destes falsos teitos. Como medida provisional, a Unidade Técnica da Consellería na provincia de Ourense decidiu demoler algúns dos teitos, aínda que os informes elaborados recomendan cometer a reposición do falso teito e da instalación de iluminación de forma inmediata, para evitar unha situación que impide o normal funcionamento do centro escolar.

A do CEE Miño enmárcase na rolda de visitas que está a realizar a conselleira a centros de ensino de toda Galicia para coñecer de primeira man as realidades das diferentes comunidades educativas e as súas necesidades, así como para comprobar o desenvolvemento dos programas educativos que se impulsan desde o seu departamento.

Nesta visita, a conselleira estivo acompañada do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.  


- Te recomendamos -