Inicio Galicia Carmen Pomar visita as obras de rehabilitación integral do CEIP do Hío,...

Carmen Pomar visita as obras de rehabilitación integral do CEIP do Hío, en Cangas, nas que educación inviste máis de 800.000 euros

0

A conselleira especificou que os traballos vanse levar a cabo con todas as medidas de seguridade e non van interferir na actividade escolar

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, achegouse esta mañá ao CEIP do Hío, en Cangas, para comprobar in situ o desenvolvemento dos traballos de rehabilitación integral (enerxética e funcional) que o seu departamento está levando a cabo neste centro, e que supoñen un investimento de 810.000 euros.

Neste CEIP as actuacións abranguen o illamento de fachadas, a colocación dun panel sándwich na cuberta do ximnasio, a instalación de novas ventás de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, así como luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza. A combinación destas actuacións levarán consigo un aforro do 42,40 % no consumo de enerxía primaria non renovable e do 45,90 % en emisións de CO2.

Neste caso a rehabilitación integral inclúe tamén a instalación dun aerotermo no ximnasio, a renovación das persianas e das caixas das mesmas, a colocación de falso teito acústico nas aulas, a substitución da carpintería interior, o pintado de paramentos interiores e portas e o pulido do pavimento de terrazo.

Canto ao desenvolvemento da obra, Carmen Pomar subliñou que os traballos do interior das aulas -a excepción da planta -2 que non se usará- estarán rematados no inicio do curso, polo que as clases poderán desenvolverse con normalidade desde o próximo mércores, xa que os traballos pendentes son compatibles coa actividade docente.

Deste xeito, tralo inicio do curso, tan so quedarían pendentes as actuacións desa planta -2, na que se seguirá traballando sen interferir sobre o desenvolvemento das clases; así como nos traballos de exterior, todas elas con todas as medidas de seguridade establecidas no Plan de Seguridade e Saúde.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre