Inicio Galicia Carmen Pomar sinala os estudantes que obteñen Premios Extraordinarios como 'a proba...

Carmen Pomar sinala os estudantes que obteñen Premios Extraordinarios como 'a proba de que á excelencia non se chega polo camiño fácil'

0

A conselleira destacou o compromiso do seu departamento cun ensino que consiga o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidade de todo o alumnado

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato, de FP de grao superior e das Ensinanzas Artísticas Profesionais. Nun acto celebrado no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, a conselleira sinalou aos galardoados como “a proba de que á excelencia non se chega polo camiño fácil”. “Hoxe recoñecemos os vosos méritos excepcionais, baseados no esforzo e no traballo que vos trouxo ata aquí”, dixo a conselleira, que quixo tamén salientar “o mérito das vosas familias e os vosos docentes”, sen o que o éxito académico dos premiados non sería posible.

Carmen Pomar reafirmou o compromiso do seu departamento cun sistema educativo que consiga o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades de todo o alumnado. “Traballamos para vós e para os vosos compañeiros que non están hoxe aquí, pero que tamén se esmeran de firme na súa educación, aínda que non acaden estes resultados excelentes”, salientou.

No caso dos Premios Extraordinarios de Bacharelato (correspondentes ao curso 2017/18), recibiron hoxe o galardón as seguintes alumnas e alumnos: Persoa premiada

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre