Inicio Galicia Carmen Pomar reclama ao Goberno central o reembolso do superávit para continuar...

Carmen Pomar reclama ao Goberno central o reembolso do superávit para continuar executando obras en centros de ensino

0

A Consellería executou este ano 22 obras de rehabilitación integral grazas ao anticipo de Tesourería realizado pola Xunta

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, reclamou esta mañá ao Goberno central o reembolso dos cartos do superávit de Galicia para que o seu departamento poida continuar executando obras nos centros de ensino. Nunha entrevista esta mañá no programa Bos Días da Televisión de Galicia lembrou que, grazas ao anticipo de Tesourería aprobado na Xunta de Galicia, a Consellería puido realizar este verán un total de 22 obras máis de rehabilitación integral en centros educativos das catro provincias galegas. Estes cartos correspondían ao superávit da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2018.

Carmen Pomar explicou que o seu, xunto con Sanidade, son os departamentos con máis orzamento da Xunta de Galicia. “Estamos afectados e preocupados por esta situación de incerteza” dixo, agardado que os cartos cheguen do Estado para que o vindeiro ano a Consellería poda continuar executando a planificación de obras.

Neste sentido a conselleira salientou que este verán o seu departamento está acometer arredor de medio cento de obras de carácter maior –dentro das que as devanditas de rehabilitación integral supoñen case a metade–, a maior parte delas dirixidas a acadar unha maior eficiencia enerxética, illamento e aproveitamento térmico nos centros educativos.

Máis inclusiónNo relativo ás accións previstas para o novo curso educativo en materia de inclusión a conselleira explicou que o novo Servizo de Inclusión e Orientación Educativa –creado coa chegada de Carmen Pomar– continuará traballando para que Galicia continúe sendo a Comunidade Autónoma máis inclusiva do Estado. Non en balde, Galicia é a comunidade autónoma que ten a maior porcentaxe de alumnado con necesidades educativas especiais integrado en centros ordinarios, o 92,4%.

Ademais continuarase reforzando a formación do profesorado neste aspecto, actualizarase a normativa de atención a diversidade e lanzaranse novos protocolos, en concreto para a atención do alumnado con dislexia e outro dirixida aos estudantes con altas capacidades.

Convivencia e violencia de xéneroNo referido á educación para a convivencia, a conselleira sinalou que as accións do seu departamento están baseadas en tres liñas, en concreto a formación do alumnado, a das familias (a través das Escolas de nais e pais) e a do profesorado. De feito, nos últimos tempos tense multiplicado por 4 o número de docentes formados de xeito específico neste eido.

Isto é así porque, tal e como sinalou Pomar, a loita contra a violencia de xénero “hai que abordala de forma integral”.

Axudas á volta ao colePreguntada polas axudas da Xunta para facilitar ás familias a volta ao cole, Carmen Pomar recordou que o seu departamento facilita o servizo de transporte escolar máis amplo de todo o Estado que é, ademais, de balde para as familias. Así mesmo, o sistema de comedor escolar, baseado na renda, fai posible que case o 82% dos usuarios dos comedores escolares xestionados pola Consellería teñan o servizo gratuíto ou pagando tan só 1 euro.

Por outra banda o programa de Gratuidade Solidaria dá acceso ás familias a un fondo de libros de texto, a axudas para a adquisición de manuais nos cursos nos que non son reutilizables e a axudas para a compra de material escolar.

ABAUNo referido ao futuro da avaliación de Bacharelato e probas de acceso á universidade, coñecidas como ABAU, a conselleira explicou que xa se comezou a traballar cos 3 reitores co espírito común de mitigar as diferenzas que existen entre as diferentes Comunidades autónomas na dificultade dos exames.

Neste sentido avogou por optar por unha proba equitativa do mesmo nivel de dificultade en todas as CCAA.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre