Inicio Galicia Carmen Pomar inaugura Edugal 2020, o salón educativo que ofrece orientación e...

Carmen Pomar inaugura Edugal 2020, o salón educativo que ofrece orientación e asesoramento académico ao alumnado

0

A novena edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia conta con 56 expositores nos que están presentes a FP, a universidade, diferentes centros de ensino, fundación e empresas colaboradoras da FP Dual, entre outros

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inaugurou esta mañá a novena edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal, un lugar de encontro para o alumnado, os profesionais do ensino os centros de formación e as institucións educativas que exerce un papel de asesoramento e orientación ao alumnado á hora de escoller as súas opcións formativas de futuro.

En palabras da conselleira, encontros coma o do Edugal, no que se poñen en contacto os centros de formación e as empresas “fanse máis precisos que nunca, pois é a mellor vía para lograr unha educación de calidade que responda ás necesidades reais do mercado”.“Para os estudantes, coñecer cales son as súas alternativas, ser capaces de valorar todos os factores e poder escoller entre unha ampla e variada oferta son claves á hora de acertar no que queren facer co seu futuro”, asegurou a conselleira, que subliñou que a educación “é a porta principal de acceso a ese futuro”.

Neste sentido, cómpre salientar que máis de 600 centros educativos dispoñen de servizo de orientación -todos os IES galegos contan como mínimo cun especialista propio- así como con equipos de orientación específicos de ámbito provincial.

Encontro ata o día 14Promovido pola Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa (Aempre) co apoio da Xunta de Galicia entre outras entidades, o 9º Salón Edugal reúne 56 expositores no Recinto Feiral de Pontevedra nos que estudantes e familias poden informarse desde hoxe ata o día 14 das diferentes opcións de formación que se ofertan en Galicia. Na cita están presentes a FP, a universidade, diferentes centros de ensino, fundación e empresas colaboradoras da FP Dual, entre outros.

O obxectivo é proporcionar información e orientación académica para facilitar a elección dos estudantes sobre o seu futuro. Ademais dos expositores, o programa complétase con conferencias, charlas de orientación, obradoiros e demostracións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre