Inicio Galicia Carmen Pomar e Valentín García visitan o Pórtico da Gloria co alumnado...

Carmen Pomar e Valentín García visitan o Pórtico da Gloria co alumnado do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol

0

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañaron esta mañá a un grupo de alumnas e alumnos do Instituto Galego Arxentino Santiago Apóstol (de Buenos Aires) na súa visita ao Pórtico da Gloria. Os 22 rapaces atópanse en Galicia co gallo dunha viaxe de estudos, que cada ano realiza o centro porteño, para coñecer as súas raíces culturais, e alóxanse no Centro Residencial Docente da Coruña.

Este instituto arxentino-galego abriu as súas portas no ano 1998 froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Buenos Aires co obxectivo de desenvolver un programa educativo bicultural neste país. Desde o ano 2003, o centro de ensino conta cun Departamento de Lingua e Literatura Galega, que contribúe aínda máis a reafirmar os valores e trazos da identidade e da cultura do noso país na escola, favorecendo a súa difusión entre o seu estudantado. O alumnado cursa nel as materias, co galego como lingua vehicular, de lingua e literatura, xeografía e historia de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre