Inicio Galicia Carmen Pomar destaca o papel das universidades na transmisión da investigación á...

Carmen Pomar destaca o papel das universidades na transmisión da investigación á sociedade

0

Salienta as medidas do seu departamento para converter o Sistema Universitario de Galicia nun referente a nivel nacional

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na inauguración da II Feira da Innovación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde destacou o papel das universidades na transmisión dos resultados da investigación á sociedade. “As tres universidades públicas galegas –dixo- están chamadas a desenvolver unha importante tarefa en beneficio da sociedade galego, como transmisoras de coñecemento, formadoras de xeración futuras e, tamén, como xeradoras de investigación e de innovación en distintos campos”.

Neste sentido explicou que o seu departamento está a desenvolver diversas accións para achegar esta institución académica ás necesidades da contorna, de tal forma que iniciativas como o “Mapa de titulacións e o Plan de Excelencia Universitaria, xunto co financiamento estable das universidades, están a situar o Sistema Universitario de Galicia como unha referencia nacional tanto en docencia como en investigación”.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia convidou ao alumnado asistente a tirar o máximo proveito desta feira, na que a través de diferentes actividades e relatorios poderán coñecer as ensinanzas e a innovación na USC.“As empresas demandan empregados versátiles, flexibles e creativos. Polo tanto, a universidade vese abocada a formar máis en aptitudes, para que o alumnado teña a capacidade de adaptarse ás evolucións e requirimentos dese mercado de traballo en continua evolución”, dixo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre