Inicio Galicia Carmen Pomar destaca o esforzo de alumnado e profesorado na recta final...

Carmen Pomar destaca o esforzo de alumnado e profesorado na recta final do curso, nunha visita ao IES Lama das Quendas, en Chantada

0

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, achegouse esta mañá ao IES Lama das Quendas, en Chantada, para visitar o alumnado de segundo curso de Bacharelato que, de xeito voluntario, volveu ás aulas para preparar a última etapa do curso escolar e, sobre todo, reforzar os contidos académicos de cara ás probas da Abau.

A falta dun mes para as probas de acceso á Universidade, Carmen Pomar, quixo recoñecer persoalmente o esforzo que están a facer os estudantes nesta recta final do curso, así como a implicación e o apoio dos docentes, que están xogando un papel clave nunha situación excepcional para o conxunto da comunidade educativa.

Segundo a conselleira, esta nova situación require dun traballo en equipo entre alumnos, docentes e equipos directivos, tanto no que atinxe a esixencias de innovación académica, como á implantación de medidas de seguridade e hixiene reforzadas en todos os recintos educativos.

O IES Lama das Quendas é un instituto moi comprometido coas iniciativas educativas que a Consellería de Educación pon á disposición dos centros ao longo de todo o curso. Así, destaca especialmente pola súa participación en proxectos de Educación Dixital (é centro E-Dixgal desde o curso 18-19 para 1º e 2º curso de ESO, e Club de Ciencia); en diversas iniciativas do Plan Proxecta (Centros Activos e Saudables, Donas de Si, Paisaxe e Substentabilidade, Proxecto Ríos e Educación Patrimonial), no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) e nos Club de Lectura; e nos Contratos-Programa coa liña 1 (Refórza-t), de mellora do rendemento académico de alumnado con dificultades.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre