Inicio Galicia Carmen Pomar celebra coa comunidade educativa o 20 aniversario do Colexio Rural...

Carmen Pomar celebra coa comunidade educativa o 20 aniversario do Colexio Rural Agrupado de Valga

0

Sinalou o centro como un exemplo de que a educación de calidade no rural é unha realidade en Galicia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, celebrou hoxe coa comunidade do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Valga o 20 aniversario deste centro, que sinalou como un claro exemplo de que a educación de calidade no rural é unha realidade en Galicia. Neste sentido a titular do departamento educativo felicitou o equipo directivo e docente do CRA polo seu traballo e implicación para facer deste un centro de excelencia.

Entre outras accións que desenvolve este centro, Carmen Pomar destacou que este mesmo curso se incorporou a PlurInfantil, polo que conta cunha auxiliar de conversa, e participa en dúas iniciativas do Plan Proxecta: Centros Activos e Saudables, de promoción destes hábitos; e Proxecto Ríos, para o fomento da conservación dos ecosistemas fluviais.

Así mesmo, o CRA de Valga desenvolve este curso dúas liñas dos contratos-programa. CON-VIVE, liña 4, ten como obxectivo identificar as incidencias relacionadas coa convivencia no seo da comunidade educativa e promover a súa solución e a creación dun bo clima nas aulas. Pola súa banda a liña 7, Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, trata de dar resposta ao alumnado con maior motivación para aprender, á vez que supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolven iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado.

CEIP Plurilingüe de Baño-XanzaA conselleira de Educación aproveitou a súa visita a Valga para achegarse ao CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza, do que destacou a súa implicación en programas educativos novidosos. Non en balde, este centro participa no proxecto de libro dixital E-Dixgal desde o curso 2014/15 (primeiro ano de funcionamento desta iniciativa), a través do que o alumnado de 5º e 6º de Primaria dispón de manuais electrónicos de balde.

Ademais o centro introduciu o plurilingüismo en Primaria no ano 2014 e está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre